Se non houber novidades, e esperanos que desta non as haxa e corra todo sen problema, o acto será presentado pola actriz Isa Risco e a música correrá por conta de Leo i Arremecaghona.

Voltamos portanto a convidarte:

Ven ao Toural e exerce, na intimidade e anonimato dun WC público, na compañía de quen nos precedeu, o teu dereito a expresar aquilo que sempre quixeche dicir e sempre te obrigaron a calar. O teu sentir, o teu pensar, o teu querer. Sen medo e sen censura. Sabes de mellor ocasión para festexar a liberdade que o 12 de outubro?