O pasado 15 de xuño dous membros da seguranza privada de Renfe e un individuo sen identificar -e, ao que todo indica, sen autoridade algunha para intervir no incidente- agrediron con violencia un pasaxeiro que tiña a máscara baixada para falar por teléfono. Segundo testemuñas presenciais, o cidadán teria dito que a subiría logo que acabase de falar, mais os membros do servizo de vixilancia comezaron a berrarlle e agarrárono para o baixar do tren.

 

 

Unha vez abaixo, en canto os dous vixilantes -un home e unha muller- seguraban o home interpelado, outro individuo intervén para berrarlle que poña a máscara e agredilo repetidamente sen que ningún dos membros dos servizos de seguranza fagan nada por o impedir e apesar de o agresor non levar máscara (nin subida nin baixada). Todo isto a medio das recriminacións de numerosas persoas que presenciaban o incidente.

Segundo os axentes da Policía Local deslocados ao lugar dos feitos, o individuo cuxa intervención violenta foi tolerada polos membros do servizo de seguranza de Renfe (de camisola negra no vídeo) non foi identificado por non se encontrar na estación cando eles chegaron.