Amnistía Internacional denuncia que Google desenvolve un novo aplicativo de motor de procura censurado para o mercado chinés, coñecido como “proxecto libélula”, adaptada ás esixencias represivas, para volver ao país, do que se retirou en 2010, primando nese momento a razón ética sobre a económica. De saír adiante este aplicativo, ficaría danada a confianza dos internautas na empresa tecnolóxica e sentaría un perigoso precedente para que as empresas tecnolóxicas permitan que os gobernos comentan abusos contra os dereitos humanos, segundo denuncia a Ong.

 

 

A organización lanzou unha petición global dispoñible en España a través de www.actuaconamnistia.org en que pede ao director executivo de Google, Sundar Pichai, retirar o aplicativo, cuxo nome de código é “libélula” e que crearía unha lista negra de termos de procura como “dereitos humanos” e “represión de Tiananmen”.

Censura na China

O goberno chinés ten un dos réximes de vixilancia e censura na Internet máis represivos do mundo. En 20010 Google abandonou publicamente o mercado dos motores de procura na China, alegando restricións á liberdade de expresión na web. Mais oito anos despois voltaría ao xigante asiático cun polémico aplicativo. Segundo documentos internos filtrados por The Intercept, o proxecto cumprirá as normas de censura por medio da identificación e filtrado automático dos sitios web bloqueados no país e a elaboración de listas negras de procuras delicadas como “protesta estudantil” ou “Premio Nobel”, en chinés, así como frases que implican unha crítica ao presidente chinés, Xi Jinping. Google estaría tamén obrigada a cooperar cos censores chineses para reprimir as publicacións relativas a cuestións sociais emerxentes, como a resposta do goberno ao movemento #Metoo.

O lanzamento do proxecto Libélula entrañaría tamén o risco de lexitimar a visión que China ten da Internet, que outorga aos gobernos un control absoluto sobre que información está a disposición da poboación e lle dá o poder de acceder libremente a todos os datos online dos seus cidadáns. O protesto celébrase hoxe en Madrid, Holanda, Alemaña, Reino Unido, Canadá e Hong Kong fronte ás sede de Google.

Toby Melville (REUTERS)

Cadena Ser