Se negacionistas e neo-nazis puideron manifestarse decenas de veces nos últimos meses na capital da Alemaña sen problema, sen máscaras e sen distanciamento, a manifestación en honra de Rosa Luxemburgo foi no sábado pasado brutalmente dispersada polas Forzas de Seguranza do Estado, que detiveron e agrediron decenas de persoas.

.

.

Flowers on a memorial of German revolutionary socialist Rosa Luxemburg at the Tiergarten park near the river Landwehrkanal in Berlin  Luxemburg was executed on 15 January 1919 for her political beliefs  after being arrested for taking part in workers general strike called  Spartacist uprising  against government of Social Democratic Party of Germany   EFE EPA CLEMENS BILAN

No ano pasado houbo en Berlín unha media de 14 manifestacións por dia, segundo datos oficiais, e a maioría delas foron organizadas por negacionistas da pandemia, por neo-nazis ou críticos das medidas de contención contra o coronavirus. Na grande maioría destas reunións os participantes non levaban máscara nin mantiveron a distancia de seguranza. Unha destas reunións tiña lugar no mesmo sábado pola noite na Praza de Alexander. E en ningún destes encontros se produciu unha represión como a vivida neste domingo na tradicional manifestación revolucionaria en memoria da comunista Rosa Luxemburgo e o comunista Karl Liebneck, asasinados hai un século por grupos para-militares. Cada mes xaneiro unha manifestación percorre a cidade e no cemiterio en que descansan os seus restos ten lugar unha oferenda flora.
.
Segundo os organizadores, este ano acudiron unhas 1.000 persoas e, xa no punto de partida, a Policía comezou a empurrar e bater nas persoas congregadas por, alegadamente, estas non cumpriren as medidas sanitarias. Aliás, por alto-falantes instaba a retirar as bandeiras da Mocidade Libre Alemá (FDJ) porque, segundo a policía, é un símbolo prohibido. Mais o certo é que esas bandeira e a organización que está por atrás delas son legais e levan décadas participando na manifestación.

A policía borrifou os manifestantes, nomeadamente os desta organización, con gas pimenta, bateu neles con bastóns e detivo varias persoas por se negaren a retirar as súas bandeiras. A omesmo tempo, como mostran fotografías vídeos sob o hastag #b1001, había axentes que non levaban máscara. Os manifestantes tamén aseguraban que non podían manter as distancias de seguranza porque a policía nom os deixaba andar. Cando a manifestación por fin arrancou,  os participantes puoderon respectar o distanciamento.

Mais nesa altura xa había decenas de persoas detidas e, segundo testemuñas presenciais, outras tantas feridas, que tiveron de ser atendidas por ambulancias. Un vídeo captou o momento en que un dos axentes dé un pontapé, ao que parece no pescozo ou a cabeza dn manifestante. A policía de Berlín recibiu numerosas críticas nas redes sociais pola súa actuación. En maifestacións da extrema dereita e dos negacionistas os manifestantes pasaron horas xuntos sen máscaras, en tanto a policía se limitaba  a dicirlles unha e outra vez que tiñan que marcar a casa, e isto apesar de no pasado mes de agosto teren tentado asaltar o Bundestag.

 

 

Non admira pois que hai pouco teña sido fundada unha asociación chamada Policías polo esclarecemento que pon en causa as medidas de control da pandemia e as vacinas. Até o momento non foi posíbel medir a tendencia para a extrema dereita nos corpos de seguranza pois o MInistro do Interioir de Merkel recusou a autorización para unha investigación sobre o asunto, mais os últimos escándalos neste sentido delatan parte dos funcionarios.

Carmela Negrete

El Salto Diario