Após as mobilizacións de Hamburgo, o goberno alemán pensa que a principal dificultade para aplicar accións represivas é que moitas das persoas que participaron nos protestos viñan doutros países europeos, polo que o ministro de Xustiza, Heiko Maas, pede a “creación dun rexistro europeo de extremistas”. Para pór en marcha ese suposto futuro arquivo, as autoridades alemás estarían dispostas a facilitar os datos das 144 persoas detidas de Hamburgo, ainda que no momento de colectaren eses datos non existía norma algunha que pudese amparar a tranferência.

«No que a extremistas se refire, non temos en Europa unha base de datos suficiente [,,,] polo que é necesario -dixo- que as forzas de seguranza dos países europeos leven a cabo un rexistro das persoas que acoden a convocatorias violentas deste tipo, de modo que poidan compartilhar despois esa información con motivo de eventos susceptibeus dese tipo de ataques e os responsabeis poidan tomar medidas como a negación de entrada ao país”. “Por iso necesítase na Unión Europea un rexistro ao que poidan acceder todos os países membros”. As autoridades alemás estarían dispostas a pór en marcha ese arquivo cos datos dos 144 detidos de Hamburgo.

O ministro anunciou tamén que, no futuro, o Goberno alemán destinará máis fondos para vixiar o que cualificou como “grupos violentos”.