Deutschlandfunk @DLF

Mann mit Kapuzenpullover sitzt im Schatten eines Tunnels an einem Laptop (imago / Jochen Tack)
EU-Datenaustausch im Strafverfahren – Streit um elektronische BeweismittelSchnellerer Datenaustausch in Strafverfahren: Die EU-Kommission will den Zugriff von Ermittlern auf elektronische Beweismittel wie Surfprotokolle, WhatsApp-Nachrichten und E-Mails innerhalb der EU
deutschlandfunk.de

“A Comisión Europea quer facilitar moito máis aos investigadores xudiciais o acceso ás probas electrónicas, como os protocolos de navegación, as mensaxes de WhatsApp e os correos electrónicos dentro da UE. As críticas a este proxecto veñen de Alemaña, tamén dos activistas de protección de datos”, afirma. “En poucas palabras, o proxecto da UE significa que no futuro un procurador irlandés, polaco ou francés poderá solicitar datos aos servidores alemáns con moita facilidade. E será moito máis fácil para un procurador alemán facer o mesmo”, continúa. Unha das voces críticas é a ministra de Xustiza alemá, Katarina Barley (SPD), que no seu día mostrou a súa preferencia para que Puigdemont non fose extraditado ao Reino de España.

Barley lembra que se existe este automatismo na cesión de datos só dependerá do país que os requira, e que a xustiza alemá non terá dereito a veto, nin sequera a valorar a legalidade da petición. Deutschlandfunk lembra neste sentido o que aconteceu coa orde de detención europea que ditou España contra Puigdemont, que foi cuestionada pola xustiza alemá nos puntos esenciais, dando por feito que o modelo funcionou correctamente. “No caso das ordes de detención europea -vexan o procedemento alemán sobre o catalán Carles Puigdemont-, os tribunais do Estado que tería que acometer a extradición tamén examinan o caso”, lembra como un valor garantista.

A radio cita o excomisario federal de protección de datos, Peter Schaar, que sinala que coa nova regulamentación non podería existir un exame xurídico como o do caso Puigdemont.

El Nacional