Na madrugada do 15 de outubro de 2016 dous gardas civís e as súas parellas resultaron lesionados de diversa consideración nun bar da localidade navarra de Altsasu. O máis grave, un tenente co nocello fracturado.

A 7 das 8 acusadas por eses feitos a procuradoría pede 50 anos de prisión por catro delitos de lesións terroristas. A unha delas, adicionalmente, 12 anos e medio, até sumar 62 anos e medio, por alegadas ameazas terroristas. E á oitava, por ese mesmo delito, 12 anos e medio, que é a petición de pena máis baixa.

 

 

Alén do debate sobre a efectiva participación de cada unha das persoas nos feitos que son obxecto de acusación, que haberá de se dilucidada no xuízo, o que parece evidente é que existe unha grande desproporción entre os feitos de que son acusadas e a pena que se pede, que, por exemplo, triplica as previstas para un asasinato.

Son moitos os supostos de confronto con forzas policiais que acaban con acusacións de lesións e atentado a axente da autoridade, e salvo nos casos máis graves, as penas que se impoñen finalmente non exceden dos dous anos, polo que o habitual é que nin sequera se pise a prisión. Contodo, neste caso concreto non se aplica a legalidade penal ordinaria, senón preceptos pensados e aprobados para perseguir “lobos solitarios” yihaidistas.

Por iso, tres das oito persoas acusadas levan en prisión preventiva case ano e medio, sen celebrarse o xuízo, e todos elas enfróntanse a peticións de pena que, en si mesmas consideradas, xa supoñen un severo castigo, pois impiden afrontar ningún proxecto vital a estes mozos de apenas 20 anos, ameazados con pasaren o resto da vida en prisión.

No vídeo que acompaña esta noticia explícanno dúas das abogadas da defensa, vídeo a cuxa difusión contribuímos co fin de denunciar a sobreactuación do Estado, a desproporción das penas que se peden, e a extensión indiscriminada do concepto de terrorismo, que cremos busca lexitimar unha deriva autoritaria do Estado que pon en perigo as liberdades e dereitos cidadáns básicos.

A Xunta Coordenadora

Fonte: ALA (Asociación Libre de Abogados e Abogadas)