Amnistia Internacional anuncia que fará “seguimento” da greve de fame dos presos políticos de Llenoders, centrándose nomeadamente en que “sexa unicamente a decisión médica a que rexa” calquera determinación que se tome sobre os líderes da acción. A coordenadodra da ONG en Catalunya, Adriana Ribas, afirmou tamén que analizarán como “reacciona Institucións Penitenciarias” ao protesto e velará polo seu “dereito á saúde”.

 

 

Preguntada sobre cal tería de ser a reacción da UE á acción dos presos, cre que calquera pronunciamento axudaría a “xerar un cuestionamento do seu encarceramento”.

A Coordenadora de AI fixo estas declaracións na presentación do relatorio sobre a situación dos Dereitos Fundamentais na UE no 2017 na sede das institución europeas en Barcelona, en que o eurodeputado de ERC Josep-Maria Terricabras dixo que a greve de fame “removera cousas” na UE.

Solidariedade da Plataforma de Diálogo UE-Catalunya do Parlamento Europeo

 

A Plataforma de Diálogo UE-Catalunya, formada por un grupo de cuarenta deputadas e deputados de cinco grupos politicos diferentes, expresou a súa solidariedade cos catro presos políticos cataláns que iniciaron a greve de fame.

A plataforma salienta que a lexislación española e a doutrina do Tribunal Constitucional español establecen que os recursos de amparo presentados polos presos terían de ter sido resolvidos nun termo máximo de trinta días. Alguns destes recursos foron presentados hai un ano e ainda non se resolveron.