Amnistía Internacional pediu que sexa retirado o delito de “terrorismo” das acusacións imputadas á/os oito xovens de Altsasu que irán a xuízo a partir da próxima segunda feira na Audiencia Nacional española, ao tempo que anuncia que asistirá como entidade observadora á vista oral.

 

Arbizu-altsasuMarcha no sábado pasado polas oito persoas de Altsasu encausadas. (Idoia ZABALETA/FOKU)

 

“Este caso é un exemplo de como España está aplicando unha lexislación que alargou de forma desproporcionada os tipos de terrorismo, afastándose dos requisitos de clareza e precisión esixidos polo Dereito Penal e por diversos relatores das Nacións Unidas”, subliña Amnistía Internacional (AI) nun comunicado, en que defende que o caso da pelexa de Altsasu debeu ter seguido un procedemento penal ordinario.

E acrescenta que as “agresións” denunciadas polos gardas civis, nun bar de madrugada en festas, “son graves” e os afectados “teñen dereito  aunha investigación xudicial”, mais “preocupa que a definición ambigua e imprecisa que contén o Código Penal sobre terrorismo, especialmente despois da reforma realizada e n 2015, poda ser empregada para calificar e castigar comportamentos que non teñen natureza terrorista”.

Como exemplo, AI cita o artigo 573 que “inclúe un catálogo de delitos de gravidade dispar que son considerados terrorismo se perseguen finalidades como alterar gravemente a paz pública ou desestabilizar gravemente o funcionamento das institucións”, unhas “disposicións vagas e imprecisas” que “non permiten configurar delitos recoñecíbeis”.

No caso de Altsasu, lembra que para a maioría dos procesados pédense máis de 50 anos de cárcere, para outro máis de 12 por unha “ameaza vergal” e tres deles levan en prisión preventiva máis de 500 días, cando “a detención á espera de xulgamento debe ser unha medida excepcional”.

Amnistía Internacional manifesta a súa preocupación perante o feito de, “dentro das garantías para un xulgamento xusto, as autoridades xudiciais teren rexeitado, sen teren motivado de maneira suficiente a súa decisión, importantes probas e testemuñas presentads polas defensas”.

Fonte: Naiz