A Sala de Apelación da Audiencia Nacional española confirma a condena de dous anos de cárcere por un delito de desordes públicas a catro mozos polos disturbios ocorridos durante unha manifestación na centro antigo de Pamplona en marzo de 2017. Os maxistrados non aprecian terrorismo nestes actos, xa que consideran que os acusados non actuaron “ao amparo de ETA”. A sentenza rexeita así o recurso da Fiscalía, que pedía condena por un delito de desordes públicas terroristas e non xenéricos ao entender que os feitos se corresponderían co que se coñece como ‘kale borroka’. Fronte a este argumento opuxéronse algúns acusados, que pedían a confirmación da sentenza de instancia, ditada pola Sección Segunda da Sala do Penal o pasado xuño.

 

Imagen de archivo de una barricada durante los incidentes de Pamplona del 11 de marzo de 2017. Foto: EFE

 

A Sala de Apelación examina na súa resolución a evolución lexislativa no tocante ao delito de desordes públicas de natureza terrorista e sinala que para que poder condenar por ese delito, este debe ser cometido por unha organización ou grupo terrorista ou ben ao abrigo destes. Deste feita, a sentenza, da que foi relator o maxistrado Enrique López, descarta que os acusados actuasen ao abrigo de ETA, “algo que, a contrario, require unha proba suficiente para poder cualificar as desordes de terroristas”.

Os xuíces subliñan que coa nova regulación o delito ten de ser cometido por unha organización terrorista ou, de forma individual, ao abrigo desta, e que xa non se precisa aquela pertenza ou cooperación, de tal xeito que, indican, agora basta unha ligazón máis débil ou menos intensa que non requirirá a concorrencia dunha cooperación en sentido normativo. “Ora ben -puntualizan-, aquela ligazón require proba, en primeiro lugar, da existencia de organización ou grupo criminal e, en segundo lugar, actuar sob o amparo daquela”.

Deste xeito, segundo a sentenza, os feitos probados demostran que os acusados non actuaron “coa protección ou amparo da banda terrorista ou calquera outra, o cal nega non só a falta de apoio loxístico, senón a ausencia de directrices ou ordes e mesmo que a intención dos condenados fose actuar en nome ou coadxuvando nalgo coa ETA, e iso non porque non ocorrese, senón porque a xuízo da Sala non foi acreditado no acto do xuízo oral”.

A Sala subliña que na sentenza inicial se declarou probado que desde a iniciativa da esquerda abertzale radical autodenominada ‘Errepesoari Autodefensa’ promoveuse unha manifestación no decurso da cal un grupo de individuos, coas tarefas perfectamente distribuídas e que usaban luvas, a boca coberta mediante carapuchas e camisetas que ocultaban o seu rostro, actuando co propósito de alterar de forma grave a paz e tranquilidade cidadáns, realizaron violentos incidentes de orde pública e ataques perfectamente organizados. Tamén se considerou probado que durante a manifestación de Iruña foron coreadas consignas como “Borroka Dá Bide Bakarra” (“a loita é o único camiño”), “Gora ETA” (“Máis ETA” ou “Viva ETA”) e “Euskal Presoak” (“Presos Vascos”).

Contodo, a Sala de Apelación cre que, coa proba practicada, pode concluírse que “non existe no relatoro policial nin nas declaracións dos axentes policiais” que investigaron os disturbios “ningunha referencia precisa á participación dunha organización terrorista ou grupo concreto, alén de a manifestación se desenvolver no contexto dunhas xornadas de loita sob unha iniciativa denominada ‘Errepresioari Autodefensa’, que engloba unha serie de entidades vinculadas ao que os axentes definiron como esquerda abertzale radical, disidente da liña oficial”.

Público