Declara “complexa” a causa contra os independentistas detidos na ‘Operación Jaro’ (outubro 2015), que tamén se alarga aos tres militantes de Ceivar detidos en xuño de 2017.

 

Resultado de imagen de audiencia nacional

 

A Audiencia Nacional vén de declarar “complexa” a causa que o tribunal español ten aberta contra 12 militantes independentistas e prorroga 18 meses as investigacións, que poderán continuar así até xuño de 2020.

A nova prórroga a este sumario afecta os 9 militantes de Causa Galiza detidos no marco da ‘Operación Jaro I’, desenvolvida en outubro de 2015; e os 3 de Ceivar detidos a ‘Operación Jaro II’ en xuño de 2017. A Audiencia Nacional decidiu no seu día fusionar ambas as dúas causas nun único proceso, o que as persoas imputadas denunciaron xa daquela que podería abrir as portas a “un macrosumario contra o independentismo organizado”.

Desde o entorno de persoas imputadas nesta causa consideran que esta “enésima” prórroga do sumario vai ter unha dupla consecuencia. Por unha banda, manter as 12 persoas procesadas en “·inestabilidade penal e vital”. Algunha delas levan nesta situación máis de tres anos.

Outro efecto, apuntan, é que o sumario e a investigación continúan abertas, polo que poderían, hipoteticamente, producirse novas detencións. Nunha entrevista en Sermos Galiza, imputadas nesta causa afirmaban que ““a Operación Jaro é pura política, unha coartada para satanizar o independentismo galego”.

Sermos Galiza