Un tribunal de apelación absolveu de todos os cargos T.T., o anarquista condenado a 25 anos de prisión por roubo a man armada e asasinato. T.T. leva en prisión desde 2012 como culpábel dun roubo a man armada con vítimas na illa de Paros. Alén destes cargos, tamén lle era atribuída  pertenza á Conspiración das Células de Lume, un grupo de guerrilla urbana que opera no país desde hai anos.

O acusado declarouse desde o primeiro momento inocente de todos os cargos e reivindica que foi sometido a unha persecución e a cinco anos de encarceramento por ser anarquista. En contra da súa absolución, o fiscal pedía para el cadea perpetua.