Andalucía e Nafarroa serán as próximas comunidades autónomas en ter transferidas as competencias da sanidade prisional. Así o confirmaron fontes do Ministerio do Interior a Redacción Médica asegurando que, aínda que o proxecto navarro xa está moito máis avanzado, foron reunións co conselleiro andaluz, Jesús Aguirre, as que axilizaron os trámites coa Xunta de Andalucía.

 

Andalucía y Navarra, siguientes CCAA en asumir la sanidad penitenciaria

 

A Secretaria Xeral de Institucións Penitenciarias que, no momento en que o novo secretario, Anxo Luís Ortiz González, chegou ao cargo, fíxose ‘todo o posíbel’ por axilizar a transferencia de competencias no que respecta á xestión sanitaria dos cárceres españois.

Apesar da boa predisposición das partes, estas mesmas fontes antecipan que a transferencia dos cárceres andaluces non será algo inminente pois está ‘pendente de mil reunións’. Aínda que todo indica que avanza pola boa dirección.

“Hai un problema coa sanidade”, recoñecen desde Institucións Penitenciarias

Ademais, Institucións Penitenciarias recoñece que ‘hai un problema coa sanidade’ nas prisións. Por iso, aseguran que están a traballar para conseguir a transferencia de todas comunidades autónomas. ‘Está comprobado que País Vasco funciona moi ben’, ratifican.

Após as declaracións do organismo, este medio púxose en contacto con ambas as comunidades autónomas que coincidiron nos avances aínda que aseguraron que aínda fica traballo por facer.

Redacción médica