.                        As 16 crianzas asasinadas por Israel na última agresión á Faixa de Gaza.

Palestina Hoy informa que o hospital Al Yemen Al Saeed, no norte de Gaza, resultou danado polos bombardeos sionistas, así como outros zonas da rexión.

Fuente: Alerta Roja

Israel impediu o transporte planificado de combustíbel a Gaza pouco antes de lanzar os seus ataques, o que tivo obrigou a paralisar a única planta de enerxía que hai no territorio e a reducir o fornecemento de electricidade a catro horas por día.

Por outra parte, as forzas militares sionistas permitiron o asalto á mesquita de Al-Aqsa na Xerusalén ocupada por grupos de extremistas xudeus, que realizaron rituais telmúdicos no seu interior.

As forzas de ocupación tamén detiveron o fotógrafo de Al Mayadeen, Mohammad Asho, cando cubria os colonos irrompendo na mesquita de Al Aqsa, despois de estes o atacaren. Por agora continúa preso. Asho informara antes da morte de unha persoa no bombardeo israelita dunha casa no centro de Jabalia en que tamén foron feridas outras 10 persoas.

Reaccións ao xenocidio

O presidente do parlametno libanés, Nabih Berri, afirmou que Israel non entende nin é disuadido máis que pola linguaxe e as armas da Resistencia. “israel é o modelo avanzado do terrorismo de estado organizado”.

O silencio dos países árabes e o resto da comunidade internacional relativamente a esta agresión só pode ser considerado cumplicidade e aceptación dos crimes de lesa humanidade de Israel.

Berri apela á Unión Parlamentar Árabe, a Unión de Parlamentos da Organización de Cooperación Islámica e o Parlamento Euromediterráneo a tomaren medidas urxentes para deter o exterminio que comezou hai máis de 74 anos e gañou nova forza desde 2021.

“Siria apoia inquebrantabelmente o pobo palestino ante a guerra de exterminio de Israel”, afirmou a asesora especial da Presidencia da República, Bothaina Shaaban, durante un encontro de solidariedade co pobo palestino.

Tamén fixo referencia aos países que supostamente defenden os dereitos humanos e agora permanecen en silencia ante os crimes sionistas, deixando ben ás claras que os planos de Occidente apuntan contra todos os países árabes.

A funcionaria indicou que Israel pretende dividir os países árabes para os debilitar. “Quen debilita Siria debilítase a si propio, e quen debilita Palestina debilítase tamén a si propio, somos unha nación cunha mesma historia e un mesmodestio, e temos de estar unidos para enfrentar o inimigo israelita”, dixo a Asesora Presidencial.

Por súa vez, o porta-voz das Forzas Armadas iemenitas, xeneralde brigda Yahya Sari, anunciou que “todas as forzas militares, o exército e os comités populares están preparados e presentes para apoiar os nosos irmaos palestinos se for preciso”.

O Buró Político do movemento Ansar Allah iemenita condenou enerxicamente a agresión sionista á Faixa de Gaza e pediu aos pobos das nacións árabes e islámicas asumiren a súa responsabilidade e apoiaren o pobo palestino.

Cuba condenou tamén a nova operación militar de Israel contra Gaza e enfatizou que a actuación criminosa deste réxime ameaza a paz da Asia Occidental. A declaración foi feita através do ministro de Relacións Exteriores, Bruno Rodríguez, que condenou a agresión.

Así mesmo, Irán expresou o seu repudio máis enérxico contra a agresión e a súa censura polo silencio estrondoso da comunidade internacional ante os crimes de lesa humanidade de Israel. Así o comunicou en nota emitida no pasado domingo o porta-voz da Chancelaría do Irán, Naser Kanani, que lamentou as recentes agresións do réxime contra a asediada Faixa de Gaza. Tamén criticou duramente os Estados Unidos por consideraren as agresións a Gaza como un “dereito” de Israel a defenderse e apoiar as súas brutalidades.

Kaos en la Red