Un xuíz de Madrid considerou probado que o axente de Policía 98.373 agrediu dous fotoxornalistas cando facían o seu traballo na manifestación Xeque ao Rei, o 29 de marzo de 2014. O mesmo maxistrado conclúe que a causa tardou tanto en instruírse que está prescrita, polo que o axente antidisturbios nunca poderá ser condenado polas lesións que provocou aos dous profesionais da información e que se aprecia con claridade no vídeo desta peza (ver aqui o vídeo: https://www.eldiario.es/politica/considera-agresion-antidisturbios-periodistas-prescrita_0_749976121.html – minuto 4:17).

Mario Munera e Juan Ramón Carballos cubrían os disturbios ocorridos após o protesto contra a monarquía do inverno de hai catro anos no centro de Madrid cando “foron golpeados” polo referido axente da Unidade de Intervención Policial (UIP), segundo recolle nos seus “feitos probados” a sentenza do maxistrado José María Escribano Lacleriga.

Captura del momento en el que el agente levanta la porra para golpear a Juan Ramón Robles                                       Momento en que o axente anti-disturbuos vai espancar Juan Ramón Robles

 

No mesmo fallo, o titular do Xulgado de Instrución número 46 de Madrid afirma que a causa “estivo paralizada” durante oito meses na Audiencia Provincial. O prazo que estipula a lei para a prescrición das faltas é de seis meses, polo que o maxistrado vese abocado a “declarar prescrito o presente procedemento”.

A Comisión Legal Sol, cuxos avogados exerceron a acusación particular en representación dos xornalistas, conclúe que a causa, “lonxe de converterse nun exemplo da defensa do dereito á información por parte da Administración e do Poder Xudicial, converteuse nun exemplo máis de como diferentes factores posibilitan a impunidade, neste caso dos funcionarios da UIP, cando se extralimitan nas súas funcións”.

A causa comezou a dar para o torto no momento en que a xuíza pediu á propia UIP que identificase os axentes que agredían os xornalistas nos vídeos publicados. O xefe da Primeira UIP respondeu que non lle constaba agresión algunha dos seus axentes a xornalistas, apesar do vídeo publicado polo xornal electrónico El Diario, incorporado á causa. Iso foi bastante para que a que na altura era titular do Xulgado de Instrución número 46 de Madrid, María Isabel Garaizabal, arquivase o caso.

Esa identificación non sería necesaria se os axentes levasen visíbel o número de identificación, algo que non ocorreu o día dos feitos. “Este é o feito que retrasa toda a investigación e que facilita a prescrición e a consecuente impunidade”, destacan fontes da representación legal dos reporteiros.

Os demandantes recorreron e a Audiencia Provincial de Madrid fallou que a causa debería ser reaberta pola agresión a dous xornalistas, xa que no caso de Munera e Rodríguez (Gabriel Pecot e Rodrigo García eran os outros denunciantes) se apreciaba con clareza a agresión do policía. Ficaba en mans doutra xuíza, Caridade Hernández García, cualificar a alegada agresión do policía como un suposto delito contra a liberdade de información, como unha falta por lesións ou ambos.

A maxistrada considerou que arremeter a porretada contra dous xornalistas no momento en que están a gravar non impide o seu dereito a informar se o axente non retira as cámaras aos profesionais. Como se ve nas imaxes, os fotoxornalistas acabaron no chan a consecuencia dos golpes.

A que era na altura titular do xulgado optou pola segunda opción e os reporteiros recorreron á Audiencia Provincial de Madrid. O xulgado tardou seis meses en tramitar o recurso e a Audiencia Provincial e outros oito en resolver. A consecuencia foi que ao seren considerados os feitos como unha suposta falta e non un delito a prescrición produciuse hai seis meses. “Non existen indicios de que o axente pretendese impedir o exercicio da liberdade de informativa de xornalistas presentes”, recollía o fallo. E aludía á “falta de alusións expresas ao labor de exercicio do xornalismo por parte dos espancados”.

O xuízo celebrouse finalmente o 22 de febreiro. A Fiscalía solicitaba unha condena por dúas faltas de lesións para o policía, que debía ser condenado a 350 euros no caso de Carballos e 750 para Munera. Tamén pedía 1.300 euros para o segundo polos danos sufridos no seu computador. Idénticas cantidades solicitaba a acusación particular. O avogado do Estado, que defendía o policía, solicitou a absolución.

Durante a vista, o avogado do Estado presentou como testemuña un dos policías que a UIP non lograra identificar no seu momento. O xuíz deixa aberta a vía civil na sentenza para que, aínda sen ser condenado o policía, a Administración indemnice os xornalistas. Sobre o axente non pesará unha condena e a consecuente posibilidade de ser sancionado cunha falta grave por Réxime Disciplinar da Policía, unha vez a sentenza for firme.

Unha falta grave debería implicar suspensión de funcións de 5 días a tres meses. A Comisión Legal Sol denuncia que hai cinco anos que o réxime disciplinar non é aplicado pola Policía en ningún caso.

Fonte: El Diario