Un preso apareceu morto na pasada quinta-feira na súa cela de Sevilla I. O interno, identificado como Julián M. C., estaba no módulo de isolamento. O achado do cadáver produciuse cando os funcionarios procedían a facer o reconto matutino. Fontes prisionais confirman que o preso estaba en tránsito para ser transferido ao cárcere de Puerto III. A causa da morte tería sido sobredose pois parece que M.C. podía acceder á droga “que circula polos penais” españóis.

 

Entrada al centro penitenciario de Sevilla I

 

Logo após a confirmación do falecemento, foi avisado o xulgado. Aínda non transcendeu a causa da morte, mais unha das principais hipóteses é unha sobredose. Apesar de tratarse dun preso de primeiro grao en isolamento, que durmía só na cela e tiña restrinxidas as saídas ao patio, podía acceder á droga que circula polos centros penais do estado. Os estupefacientes entran através dos familiares. Os funcionarios levan anos denunciando a falta de persoal e de recursos para detectaren as partidas que entran durante as visitas.

Sétima morte
A asociación, que está a usar as redes sociais como altofalante das súas reivindicacións, abriu unha conta específica onde se contabilizan os falecementos de reclusos nos cárceres españois. As prisións sevillanas levan rexistradas desde o 1 de xaneiro e até a data sete mortes. As causas máis comúns son os suicidios e as sobredoses. O cómputo nacional é de 81 decesos.

Os funcionarios sosteñen que moitas desas mortes poderían ter sido evitadas se aqueles reclusos, por exemplo, que requiren dunha atención sanitaria polos seus problemas mentais, recibisen unha correcta asistencia.

ABC Sevilla