Apenas 17 servizos farmacéuticos das 92 prisións españolas (18,47 por cento) conta cunha autorización administrativa para funcionar e en moitas delas nin sequera existe porque as persoas reclusas son atendidas por un centro médico próximo. Así consta na última memoria de Institucións Penitenciarias, aínda que estaría en trámite o recoñecemento do servizo dunha das prisións estremeñas. Por iso, a Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria (SEFH) pide que sexan legalizados.

Esta situación provén da confusión de competencias que existe ao redor da sanidade prisional en 15 das rexións españolas, xa que en Catalunya e o Euskadi, ao estaren transferidas as competencias nesta materia, non existen centros alegais.

No resto do Reino de España, a sanidade penitenciaria está sob unha dobre competencia. Os profesionais que atenden os centros dependen funcionalmente de Institucións Penitenciarias, quer dicir, do Ministerio do Interior, en tanto os servizos concretos, o gasto, a súa xestión e a súa autorización depende do Ministerio de Sanidade que, en teoría, está en proceso de transferencia ás consellerías de sanidade de cada rexión. Nese confuso panorama, hai servizos que funcionan desde hai anos sen autorización expresa de Sanidade, teoricamente á espera de seren esclarecidas as competencias pendentes de transferencia.

En realidade, desde 2014 hai unha posición oficial de transferir esas competencias, mais desde entón están nun proceso de discusión sobre como concretalas que non concluíu.

Proposta da SEFH
Neste cadro, a Sociedade Española de Farmacia Hospitalar (SEFH) reclama a legalización de todos os servizos de farmacia e depósitos de medicamentos das prisións e promove o modelo vasco en que a sanidade penitenciaria debe contar con servizos propios, mais tutelados polo Servizo de Farmacia do hospital máis próximo.

A SEFH exporá á Comisión de Sanidade do Congreso a necesidade dun modelo de organización ‘en que se cumpra a legalidade vixente que obriga os centros prisionais a dispor dun servizo de farmacia ou depósito de medicamentos legalmente autorizado e cun facultativo especialista á fronte’.

O problema, subliña a CF Gloria Hervás, especialista en Farmacia Hospitalar no Centro Penal de Albolote (Selecta), está nas dificultades para dar continuidade asistencial a pacientes de risco como son os presos e a escaseza de medios e a obsolescencia dos programas informáticos disponibeis para xerir o almacenamento de medicamentos. Carmen Ruano, do Servizo de Farmacia do Hospital Psiquiátrico Penal de Sevilla, di que había un programa que foi sendo adaptado ás necesidades; ‘mais, hai dous anos cambiouse e continúa a non ser suficientemente eficaz’, di.

A SEFH xa mantivo en xaneiro de 2017 reunións de traballo con representantes da Organización Médica Colexial (OMC) e da Sociedade Española de Sanidade Prisional (SESP) para establecer accións e iniciativas conxuntas en beneficio do colectivo sanitario de Institucións Penitenciarias.

Diferenzas laborais e salariais
Alén de problemas administrativos, a dispersión de normas sobre a sanidade prisional crea outros problemas. Os especialistas farmacéuticos á fronte dos servizos nas prisións forman parte do persoal laboral fora de convenio e non perceben plus de perigo nin de especialización, ao contrario que os farmacéuticos de hospital adscritos aos servizos farmacéuticos prisionais. De feito, os profesionais suxiren que a transferencia de competencias e a xestión desde hospitais está lastrado polo aumento de custos que suporía.

Julio Trujillo

Correo Farmacéutico