A vice-presidenta terceira española, Nadia Calviño, na sesión de control no Congreso da pasada cuarta-feira, deixou claro que o Goberno de coalición non derrogará o chamado 155 dixital. Así o confirmou en resposta a Laura Borràs, portavoz no Congreso de JxCat.

 

 

A tamén ministra de Economía defendeu a medida porque, di, encaixa «perfectamente» no ordenamento legal español e europeo. Despois de asegurar que non haberá derrogación, expresou que o Executivo do PSOE e Unidas Podemos non fecha a porta a «mellorar o texto» durante a presente lexislatura.

Borràs lembrou -e denunciou- como tiña sido aprobado o decreto, «da maneira máis difícil» e pola Deputación Permanente, e advertiu que sete artigos poderían ser inconstitucionais.  «Permite espiar e cortar calquera comunicación sob o concepto xenérico de orde pública que utilizan moitos réximes autoritarios», arguiu a deputada catalá. E engadiu: «Derroguen e presenten un novo proxecto de lei compatíbel cun Estado democrático desenvolvido». E concluíu: É «unha boa oportunidade para pasaren das palabras aos feitos».

Nadia Calviño defendeuse dicindo que «O real decreto é perfectamente acorde ao ordenamento legal do noso país e europeo». E, como moito, están dispostos a lle pór algún remendo para o deixaren tan censor como o é agora.

Insurgente