As redes sociais leváronnos a un novo mundo en que vivimos cercados por opinións alleas. O que parecía a conquista total da liberdade de expresión fixo que unha parte da cidadanía remexa, incómoda. Grupos de presión organizados nas redes -católicos, feministas, activistas de esquerdas e dereitas- comezaron a perseguir o que consideran «excesos» intolerabeis mediante o linchamento dixital, as peticións de boicote e as recollidas de asinaturas. A xustiza democratizouse e a silenciosa maioría atopou unha voz desapiedada que fai da deshonra unha nova forma de control social, onde a liberdade de expresión non necesita leis, funcionarios nin estado represor.

A través de casos reais de linchamento como os de Justine Sacco, Guillermo Zapata ou Jorge Cremades, este libro, á vez honesto e perturbador , disecciona o clima censor do noso tempo, mostrándonos a realidade en que vivimos e o terrífico papel que desempeñamos todas as persoas.