Unha xuíza de Barcelona arquivou a causa aberta por un alegado ultraxe a España contra un independentista que queimou unha bandeira española nunha visita ao febreiro pasado do rei Felipe V a Barcelona. Conclúe que non ficou “debidamente xustificada” a perpetración do delito.

Crema bandera espanyola protestes Rei Anton Rosa

 

Así o sostén nun auto a titular do xulgado de instrución 13 de Barcelona -a mesma que procesou varios ex altos cargos do Govern polos preparativos do 1-O, que meteu a causa na gaveta cun arquivamento provisorio.

O mozo estaba acusado dun delito de ultraxe a España despois de os Mossos d’Esquadra o identificaren como integrante da mobilización que acendeu e queimou totalmente unha bandeira de España durante unha visita do rei en Barcelona para inaugurar o Mobile World Congress en febreiro pasado.

Protesta na Gran Vía
Varios centenares de persoas convocadas polos autodenominados Comités de Defensa da República (CDR) protestaron pola presenza do Rei en Barcelona cortando a Gran Vía, á altura da praza de España, e a avenida Rius i Taulet, e queimaron fotos do monarca e unha bandeira española.

A defensa do activista alegou nun escrito enviado á xuíza que queimar unha bandeira de España nunha concentración de rexeitamento da presenza do Rei en Barcelona é “un feito simbólico en que se utiliza o lume para mostrar a desconformidade coa forma de goberno do Estado español, a organización territorial e concretamente, neste caso, a presenza da figura do monarca español na cidade de Barcelona”. Aliás, subliñaba, despois da queima da bandeira, non se produciu ningún “acto violento” nin ningún discurso.

Antón Rosa

El Nacional