A iniciativa da Asociación e o Colexio Vasco de Xornalistas, directores de sete xornais da prensa vasca asinan e publican un artigo en que esixen o respecto aos dereitos humanos e garantías procesuais do xornalista Pablo González, preso desde hai seis meses en Polonia.

 

 

Artículo conjunto de los directores de la prensa vasca en relación a Pablo González | Euskal Herria | NaizPablo González, durante a súa estadía na Ucraína (PABLO GONZÁLEZ)

 

 

Nun acto inédito, directores de sete periódicos vascos acordaron e asinaron un texto para denunciar a situación que vive o xornalista vasco Pablo González, encarcerado en Polonia desde hai seis meses baixo a acusación de ser un espía ruso.

Da man da Asociación e o Colexio Vasco de Xornalistas, Iñaki Soto, en nome de GARA; Martxelo Otamendi, de “Berria”; Joseba Santamaría, das “Diario Noticias de Navarra”; Iñaki González, de “Deia”; David Taberna, de ‘‘O Diario Vasco”; José Miguel Santamaría, de ‘‘El Correo”; Marta Martín, das “Diario Noticias de Álava”; e Eduardo Iribarren, do “Diario Noticias de Gipuzkoa” subscribiron un artigo conxunto e acordaron publicalo este domingo simultaneamente en sete xornais, as principais cabeceiras do país.

A situación que vive González é un escándalo e foi denunciada por diferentes organismos, desde as Xuntas de Bizkaia até o Clube PEN. GARA tamén expresou a súa denuncia en diferentes ocasións, por exemplo, en pezas editoriais.

Neste caso, os directores expoñen as condicións da súa detención e encarceramento, explicando como son vulnerados a liberdade de prensa, o dereito á defensa e os dereitos máis básicos das persoas detidas que están recollidos en diferentes normas e tratados da Unión Europea e das Nacións Unidas».

Os directores defenden estes principios e demandan que se apliquen no caso de González. A misiva está dirixida á sociedade vasca, ás súas institucións e ás autoridades europeas, a quen piden que «fagan un esforzo pola súa liberación e para garantir que teña un proceso xudicial xusto e transparente, con independencia do resultado». Neste contexto, defenden que «a guerra non pode ser escusa para cercear a liberdade de expresión e o dereito da cidadanía á información».

Artigo conxunto

A iniciativa da Asociación e o Colexio Vasco de Xornalistas

Os directores da prensa vasca esixen o respecto aos dereitos humanos e garantías procesuais do xornalista Pablo González

Á sociedade vasca, ás súas institucións e ás autoridades europeas,

Pablo González é un xornalista vasco que, sob a acusación de ser espía ruso, leva máis de 6 meses encarcerado na Polonia, en prisión preventiva, incomunicado e sometido a un réxime carcerario duro.

Foi detido en febreiro, cando estaba a traballar como repórter nese país, informando do éxodo da poboación ucraína após a invasión rusa. González é un especialista neste terreo e os seus traballos xornalísticos foron publicados en diferentes medios de comunicación.

Até o momento, non foi presentada ningunha proba que xustifique a súa detención e encarceramento.

As condicións de vida que Pablo González padece en prisión son inaceptabeis: sofre un réxime de incomunicación, non recibe correspondencia con normalidade, non lle son permitidas visitas familiares e ten problemas para comunicarse cos seus avogados. Neste caso vulnérase a liberdade de prensa, o dereito á defensa e os dereitos máis básicos das persoas detidas que están recollidos en diferentes normas e tratados da Unión Europea e das Nacións Unidas.

Como directores de xornais vascos, defendemos eses principios democráticos, os dereitos humanos e esiximos que, desde a presunción de inocencia, sexan aplicados no caso de Pablo González.

Pedimos a todas as institucións implicadas que fagan un esforzo pola súa liberación e para garantir que teña un proceso xudicial xusto e transparente, con independencia do resultado. Así mesmo, reiteramos a necesidade de que, en calquera circunstancia ou emerxencia, se deixe traballar os medios de comunicación e os e as xornalistas con liberdade, seguranza e plena garantía de respecto aos dereitos humanos. A guerra non pode ser escusa para cercear a liberdade de expresión e o dereito da cidadanía á información.

NAIZ