O tribunal militar de Arxelia condenou onte a morte o activista arxelino Mohamed Benhalima, que foi deportado do estado español o pasado 24 de marzo despois de que o ministerio do Interior, capitaneado por Fernando Grande-Marlaska, rexeitase o seu pedido de asilo apesar de estar perseguido en Arxelia.

 

Live 27/09|2020 Mohamed Benhalima - YouTube Mohamed Benhalima

Joan Cabasés Vega

Grupos como Cies NON e a Rede Xurídica de Avogados, que traballaron para impedir a deportación de Benhalima, denuncian un proceso de extradición cheo de vulneracións, en que a expulsión foi tramitada de forma urxente, impedindo que o activista puidese defenderse.

Arxelia condenou a morte Benhalima, perseguido político que solicitara asilo no Reino de España, despois de a Moncloa ter executado a súa deportación por orde de Interior para aplacar a crise co país, despois do recoñecemento da soberanía marroquina sobre o Sahara Occidental

A condena, anunciada pola nai de Benhalima, non tivo en conta os 10 anos de cárcere que pediu hai uns días o procurador dun tribunal arxelino, que condenaba o activista por terrorismo e por ameazar a seguranza do país. A pena de morte coñecida onte está motivada por acusacións de pertenza a grupo terrorista, por comprometer a seguranza da nación, por divulgar información falsa e por desmoralizar o exército.

Benhalima, que foi militar nas forzas armadas arxerlnas, fuxiu ao estado español cando soubo que as autoridades do seu país ian deterlo. O mozo, de 32 anos, denunciara a corrupcion dentro do exército arxelino e participara do ciclo de mobilizacións que atravesou Arxelia boa parte do período entre 2019 e 2020.

En marzo deste ano, o goberno español converteu Benhalima en moeda de troca. Moncloa executou a súa deportación xusto no momento en que surxiu a crise coas autoridades de Arxel, despois de que o goberno español recoñecese a soberania de Marrocos sobre o Sahara Occidental, algo que non gustou aos líderes arxelinos.

El Salto Diario