Entrega de comida en estado de putrefacción, vexacións e promoción de abusos sexuais durante as transferencias de centro, son algunhas das abominacións que sofren hoxe as travestis e trans presas. O Xulgado de Garantías Nº4 de La Plata recusou o habeas corpus presentado pola Comisión pola Memoria, organismo provincial de prevención da tortura, ante os reclamos das mesmas aloxadas no penitenciaría e da asociación civil Otrans Arxentina. Entretanto a Comisión xa apelou a sentenza. SON conversou co director da alcaldía, o avogado civil Santiago Ferrara.

 

 

La población travesti trans reclama un trato humano. 

A tortura da garrafa

“Cala, puto. Aquí non podes falar, díxome un home. Viñeran buscarme á comisaría 4ª para levarme á Penitenciaría Roberto Pettinato. Trouxéronme con 13 homes que sacaron as marrocas (as cadeas usadas nas transferencias) e querían que lles fixese unha mamada. Tiñan gillettes, alfinetes e puntas que non sei de onde os sacaron. Temín que me picasen unha mama ou me cortasen a cara. Chamei á funconaria que nos custodiaba e pedinlle: “Señorita, quero ir ao baño. Léveme de aquí, por favor?. Entón ela pasoume unha garrafa para eu urinar e tiven que mostrar o pénis diante de todos eses homes. Despois pasoulles a garrafa para urinaren eles diante de min. Os 13 sacaron o pau e dicíanme que ían atirarme a garrafa de 4 litros chea de urina se non lles facía a mamada. Pregunteille nome e apelido á funcionaria e non quixo darmo. Como ese día levaron moita xente á alcaldía, tivéronme fóra desde as 7 da mañá que chegou o camión até as 4 da tarde. As mozas trans non deberían viaxar cos homes”.

Esta denuncia efectuada por Paulet Moreno Mosquera tornouse viral a partir dun vídeo que circulou divulgado pola axencia tlgbi Sudaka. Un segundo vídeo rexistra o mal estado das instalacións e da comida que lles dan. A lista de reclamacións inclúe incumprimento da Lei de Identidade de Xénero, inexistencia de persoal prisional feminino no penal, trato cotián de “puto” e uso do nome masculino que non corresponde a feminidades trans e travestis, e obrigación de exhibiren os seus corpos nus durante o baño, ante a poboación masculina e os axentes prisionais, por falta absoluta de cortinas e de privacidade no pavillón. Desde o lugar de aloxamento, unha das prisioneiras informa a SON que nos últimos días “todo continúa igual”. A única mellora obtida foi unha mudanza de colchóns. Continúan a comida en mal estado e as violacións á Lei de Identidade de Xénero.

Antonella Mirenghi, da área Comité contra a Tortura da CMP, estivo a cargo da equipa que efectuou unha inspección oficial e entrevistou individual e confidencialmente as travestis e trans aloxadas nese centro de detención.

“A penitenciaría non é cárcere nin comisaría. Foi construída para aloxar exclusivamente homes cisxénero. E co tempo foi consolidándose como o aloxamento de persoas travestis e trans. O pavillón que fomos inspeccionar ten capacidade para 16 persoas. Neste momento hai aloxadas 11 femineidades travestis-trans e dous homes cisxénero. Son os chamados “refuxiados”, que non poden estar noutro pavillón por teren causas complexas en que, alén do mais, están imputados por delitos de agresión sexual. Iso ponos en situación de risco se son aloxados noutro pavillón”, explica Antonella Mirenghi.

Por ser un lugar creado para aloxar homes cisxénero, as travestis e mulleres trans aloxadas neste pavillón “viven nun réxime extremo de isolamento. Pasan case 22 horas do día encerradas en celas de 2×2, dormen sobre cuchetas de cemento e chapa. Só poden estar xuntas no horario de xantar. Non lles son permitidas saídas recreativas nin acceso ao patio, porque todos os outros lugares son para homes cisxénero?, sinala a responsábel da inspección.

 

 

Lei Micaela, só para enfeitar

As duchas dan á entrada do pavillón e carecen de cortinas. Hai dúas xanelas desde onde poden ser observadas tanto desde outro pavillón como desde o control, que está integrado por axentes prisionais homes cis.

“Todo o persoal do Servizo Bonaerense que presta servizo na alcaidía son homes cis. Os confiscos son realizados por homes homes e diante doutros homes. Todo o fan funcionarios homes: acompañalas ao sector sanidade, a entrega de encomendas e da comida. Dez das femineidades trans aloxadas en Pettinato viven con VIH e deberían estar sob tratamento. Entréganlles a medicación para VIH mais non teñen controis periódicos de saúde, non se lles proporcona a dieta indicada nin medicamentos para patoloxías crónicas como diabetes e EPOC. As comidas entran ás 11 e son entregadas ás 17, por iso chegan en mal estado. O acceso á saúde está mediado polos funcionarios e as detidas teñen que soportar o transodio tanto dos profesionais da saúde que eventualmente as atenden como o dos gardas que as custodian, que as chaman polo nome masculino e lles din “puto”. Durante a visita houbo algún persoal que nos dixo: “‘Necesitamos a Lei Micaela’. Mais sabemos perfectamente que o din porque teñen cola de palla”, afirma Antonella Mirenghi.

Desde o despacho do director

Con toda esta información e ante a urxencia dunha resposta, Son conversou co director da alcaldía Pettinato, o avogado civil Santiago Ferrara.

Por que non hai pavillón de Diversidade na alcaidía? Por que hai internos xunto coas detidas trans?

No cadro do programa de Alcaidías Departamentais, non existen pavillóns de isolamento. No caso da alcaidía Pettinato, as persoas trans que ingresan son alojadxs de forma conxunta, dependendo do seu auto-percepción sexo-xenérica, para facilitar a súa abordaxe sanitaria e alimentar, tendo en conta que, en xeral, constitúen unha poboación atravesada por serias patoloxías clínico-médicas, e debe garantirse o seu pleno acceso á saúde e farmacolóxico, e unha dieta suxeita a controis periódicos.

Por que hai internos ?”refuxiados” xunto coas detidas trans?

Non existen na alcaidía persoas privadas da liberdade en carácter de “refugiadxs”; o aloxamento dxs ingresantes é definido en función dunha serie de variabeis, por exemplo o delito, a idade, ou a sexualidade auto-percibida, e téndese a restrinxir á máximo hipótese de conflito.

Permítese que as detidas trans e travestis -como ocorre nalgúns penais- estean aloxadas en pavillóns de trans e travestis cos seus noivos cisgénero?

Sen prexuízo do que poida acontecer noutros cárceres, as alcaidías son establecementos de encerramento transitorio, e priorizar a convivencia pacífica, baixo estándares de respecto polos dereitos humanos respecto da poboación aloxada até a súa liberdade ou transferencia a un complexo penal.

Cal é a súa opinión sobre o relatorio que presentou a Comisión Provincial pola Memoria despois da visita á alcaidía, e que deu lugar ao habeas corpus?

(O alcaide non respondeu a última pregunta).

“A heterosexualidade non nos le”

Toni Domínguez é docente e investigadora da Dirección de Diversidade Sexual da Facultade de Xornalismo da Universidade de La Plata. Ten experiencia de traballo con travestis e trans privadas da liberdade en cárceres da provincia de Buenos Aires.

“O maior problema é que a heterosexualidad non nos le. As compañeiras trans e travestis non son lidas como suxeitas de dereito”, di Toni Domínguez.

“Falar de ‘sexualidade autopercibida’, como fai o director da alcaidía é unha confusión de conceptos. Non é o mesma orientación sexual que identidade de xénero. Segundo a Lei, “enténdese por identidade de xénero a vivencia interna e individual do xénero tal como cada persoa sente, a cal pode corresponder ou non co sexo asignado ao momento do nacemento”. En troca, a orientación sexual é a atracción física, intelectual, afectiva e sexual dunha persoa cara a outra ou varias. As combinacións neste campo poden ser infinitas. Podes ser un home cis heterosexual que gustes das mulleres cis e as mulleres trans. Iso non te fai menos heterosexual”.

“É lamentábel que o Estado descoñeza a Lei de Identidade de Xénero e os lineamentos da Educación Sexual Integral e confunda os termos. As travestis e as trans nun contexto de encerramento poden converterse en obxecto de poder para homes cis heterosexuais. A maioría dos ´noivos´ teñen muller e familia. Nese contexto extremo de encerramento, é difícil que unha compañeira que nunca recibiu amor poida ver que o que se lle está dando non é amor senón violencia. É complexo. Mais un pavillón de Diversidade non debería admitir homes cis heterosexuais”.

Por Adriana Carrasco

Página 12