No pasado día 9 de setembro tivo lugar unha audiencia no xuízo por usurpación contra integrantes da Comunidade Lof Buenuleo e contra o Lonko Mauro Millán ante o Tribunal de Impugnación Presidida pola Xuíza Maria Rita Custet Llambí e integrado polos xuíces Carlos Mussi e Adrian Zimmermann, mediante a ferramenta Zoom, no cadro do art. 14 do Código Procesual Penal, quer dicir, para procurar unha solución ao conflito.

 

Nación Mapuche. Solidaridad con el Lonko Mauro Millán ...

 

O Lonko Mauro Millán é procesado polo estado arxentino nuna causa de usurpación al lof Buenuleo, onde el se encontraba para acompañar solidariamente os membros da comunidade. A nación Mapuche loita desde hai décadas pola recuperación das súas terras expoliadas polos poderes políticos e económicos arxentinos.

A Audiencia

Previo a dar inicio a audiencia, o Tribunal, cortou a conexión con todas as persoas que non eran parte da vista oral.

Como cuestión previa, o avogado da defensa, Fernando Kosovsky, manifestou que solicitara un intérprete en mapuzungún á oficina xudicial ao que a Presidenta do Tribunal respondeu que recibiran esa cuestión o mesmo día e convidouno a realizar a súa exposición na audiencia.

A exposición -que incluíu o pedido de que a audiencia fose transmitida en vivo por Internet- foi fundamentada na interpretación intercultural da garantía dos arts. 72 parágrafo 2º e 73, 85 do Código procesual penal e os arts. 2, 8 e 9 do Convenio 169 da OIT, sendo esencial a presenza dun intérprete en mapuzugun para a tradución simultánea por os imputados seren membros do pobo mapuche e exporen como cuestión central a procura dunha solución ao conflito que, como a defensa sostivo desde o inicio do caso, é de carácter colectivo.

No seu turno, o Fiscal Xefe, Martín Lozada, preguntou se os imputados podían comprender o idioma español e, argumentando que a constitución reformada en 1994 recoñecía a preexistencia multiétnica e non había portanto necesidade de diferenciar pola lingua, anunciou que se opuña ao pedido da defensa.

A parte querelante tamén se opuxo ao pedido da defensa

O Dr. Kosovsky respondeu que a constitución tamén recoñeceu a preexistencia cultural dos pobos e que a pregunta do Fiscal era irrelevante, porque o pedido do Lonko baseábase en poder expresarse na súa lingua e que tanto o público como as outras partes e o Tribunal puidesen comprendelo. Demandou tamén que se permitise ao resto dos imputados facelo na súa lingua e que tanto os Mapuche -co-imputados ou público- puidesen comprender culturalmente o que ocorre na audiencia e o público entender o que eles expresan.

Solicitou que o seu defendido, o Lonko, fose ouvido antes de resolver. A Presidenta do Tribunal dispuxo que podería tomar a palabra ao finalizar -despois de eles resolveren-. A defensa da Lof Buenuleo adheriu á reclamación de intérprete.

 

O Tribunal pasou a deliberar e finalmente foron admitidos tres membros da Asociación de Avogadas e Avogados de Dereitos Indíxena como veedores, un deles peticionario ante a Comisión Interamericana dos Dereitos Humanos polo caso Buenuleo. A resolución dos membros do Tribunal foi rexeitaren o pedido da defensa, por non consideraren comprometida a publicidade, e defenderon que se podía dar a coñecer posteriormente a gravación da audiencia ao resto de membros do Pobo Mapuche.

A defensa do Lonko impugnou por revogatoria contra a decisión do Tribunal de Impugnación expondo o recurso extraordinario federal e Introduciu como agravos os fundamentos de dereito das persoas que integran os pobos indíxenas -feito non controvertido respecto dos imputados- que o estado desenvolva, coa participación dos pobos interesados, accións sistemáticas para protexer os seus dereitos e a garantir o respecto á súa integridade, principio fixado no art. 2 inc.1 do Convenio 169 da OIT. Despois enumerou esas medidas previstas no inciso 2 do mesmo artigo, entre os cales está a plena efectividade dos dereitos en igualdade de condicións, entre eles, a defensa nun xuízo penal como o establecen os arts. 8, 9 e 10 do mesmo tratado, sendo interrompido polos membros do Tribunal que (claramente incómodos ante o exposición da defensa), o interromperon e non o deixaron terminar a súa fundamentación, alegando que xa entenderan o seu punto.

 

Audio do Lonko Mauro Millán.ogg

 

 

 

O Fiscal Lozada opúxose novamente e o mesmo fixo a parte querelante.

O Tribunal recusou o recurso de reposición e tivo por introducida a reserva de impugnación extraordinaria ante o Superior Tribunal de Xustiza, así como a cuestión federal.

Despois deste debate, o Tribunal preguntou se existiran novidades ou avances para resolver o conflito, tanto con intervencións do INAI como diálogos entre as partes.

O Fiscal Lozada explicou que mantivera contactos coas vítimas e as outras partes -o que foi desmentido por todos os imputados- e nunha exposición confusa dixo que abría ao díalogo por un período de 90 días. O Tribunal pediulle que esclarece a data de fin do prazo e se ese prazo supeditaba a decisión que debería tomarse sobre se confirmaba ou revogaba o desaloxo. O Fiscal respondeu que pedía que se resolvese de inmediato o desaloxo.

As defensas informaron que houbera avances en relación co INAI que concluíra o relevamento do art. 3º da lei 26.160 e só faltaba que emitise resolución; tamén que fora iniciada unha acción de amparo no xulgado federal para lograr o recoñecemento da pose e propiedade comunitaria e obter o título de propiedade da Comunidade.

Antes de dar por concluída a audiencia, o Tribunal de impugnación deu a palabra aos imputados. O Lonko expresouse en Mapuzungún, saudando e preguntando aos membros do Tribunal como estaban. Ningún respondeu. Finalmente, expresou a súa preocupación pola gravidade de advertir que o Tribunal non comprendía “a dimensión colectiva e cultural do conflito nin a garantía no proceso.”

Lof Pillan Mahuiza