O documentario baséase en entrevistas con fillos e fillas de persoas presas condenadas por pertenceren a ETA ou por teren participado dalgunha maneira nas suas actividades.. Nelas menores e xovens -oscilan entre os 8 e os 19 anos- relatan como foi a súa relación cos pais e as nais no cárcere. Unha das mozas relata como nos seus vinte anos de vida case non coñeceu o pai en liberdade, xa que este acumula 19 anos no cárcere. Outro caso, subliña a cotidianeidade coa que percibe a prisión, que coñece desde que naceu por ter estado coa nai en prisión.

 

 

Outro caso é o de Gari, un neno que naceu no cárcere de Granada e ten a nai e o pai en Alxeciras, aonde agora viaxa regularmente para as visitas. Como o seu, outras testemuñas-oito en total- describen as vivencias de quen ten pai e/ou nai en prisión. Son Maddi, Adur, Amaiur, Hize, Aiur e Malen.