O Xulgado número 1 do Contencioso-Administrativo de Ceuta emitiu un auto que afirma que as expulsións dirixidas polo Ministerio do Interior non cumpren “nada do ordenado [pola lei]”.

 

Ceuta 18 de mayo - 1                                       IRINA SAMY /NO NAME KITCHEN

 

Na sextra-feira comezaron as expulsións ilegais, colectivas e masivas de menores orquestradas polos ministerios do Interior e Asuntos Exteriores, ambos rexentados polo PSOE. España devolveu 48 menores a Marrocos; esperaba repatriar 700. A solicitude de medida cautelarísima interposta nos xulgados de Ceuta por dúas avogadas que representan organizacións sociais freou a actuación do Goberno de España. Patricia Fernández Vicens é unha das dúas letradas que redactou a solicitude. “Víramos deportacións entre 2006 e 2008, mais nunca unha violación tan flagrante dos dereitos da infancia e tan masiva como a destes días. Algo así é difícil de ver nun estado democrático, e aquí aconteceu”, alerta.

Fernández pertence á Coordinadora de Barrios para el Seguimiento de Menores e Jóvenes, que traballou xunto coas organizacións sociais Frontera Sur, Elin, Maakum e Non Name Kitchen. En xuño estivo en Ceuta entrevistándose con varios menores.

 

“Nunca viramos unha violación tan flagrante dos dereitos da infancia e tan masiva como a destes días. Algo así é difícil de ver nun estado democrático, e aquí aconteceu”, alerta a avogada Patricia Fernández Á primeira hora da noite, a vicepresidenta de Ceuta, Mabel Deu, informou que, por súa vez, a titular do Xulgado número 2 do Contencioso-Administrativo obrigou a paralisar as expulsións durante 72 horas e requiriu información sobre elas á Administración Xeral do Estado e á Cidade Autónoma.

 

Paralelamente, desde que o Ministerio de Dereitos Sociais, que dirixe Ione Belarra (Unidas Podemos), tivo coñecemento do proceso, tentou frear esta manobra política que defendeu en todo momento o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, quen esta mesma mañá aseguraba na Cadena Ser que a operación era “legal”.

Até o momento, cinco institucións españolas piden ao Goberno que freen as deportacións ilegais: o auto do Xulgado Contencioso-administrativo número 1 de Ceuta, o Ministerio de Dereitos Sociais, o Defensor del Pueblo, a petición de amparo da área de Menores ante o Ministerio Público e o Comité dos Dereitos das Crianzas. A última hora da tarde sumouse a ONU. O Comité de Nacións Unidas para os Dereitos da Crianza solicitou ao Goberno español suspender a expulsión de dez menores e transferilos a un centro de protección. Tamén requiriu información de cada caso “mais contrariamente a dereito, non hai información de cada caso, tal e como indica o auto do xuíz de Ceuta”.

Se as expulsións non se frean política ou xuridicamente, mediante a Procuradoría Xeral, quen debese actuar de oficio na defensa dos menores sen titores legais, as dúas avogadas -Patricia Fernández, da Coordinadora de Barrios, e Pomba García Viedma, da Fundación Raíces- continuarán interpondo solicitudes de medidsa cautelarísimas cada día.

A letrada Patricia Fernández cualifica de “medida política oportunista” as devolucións “negociadas entre o Goberno español e o marroquino, situadas á marxe de calquera interese do menor e, desde logo, á marxe da lexislación vixente”.

 

O punto máis importante do auto é o que afirma que non existe expediente de repatriación de cada menor, como esixe a lei, tal e como a Policía Nacional confirmou ao maxistrado

 

Á terceira
Ás 9.50h do domingo, as avogadas solicitaron ao xulgado de garda de Ceuta que adoptase medidas cautelares decretando a paralisación das devolucións, “mais dixéronnos que non chegáramos a tempo e que xa levaran os menores”. Polo que á tarde interpuxeron a solicitude para as expulsións previstas para hoxe e mañá. O xulgado non a atendeu. Finalmente, hoxe interpuxeron unha terceira ante o xulgado Contencioso-administrativo número 2 de Ceuta, que emitiu un duro auto: “No suposto de que se trata, nada do ordenado no referido ao Real Decreto [que regula as devolucións] se cumpriu”, resume o xuíz. Por outras palabras, estas expulsións saltaron todo o regulamento, que dispón que deben ser realizadas “individualmente, comunicadas aos menores, con garantías ao dereito á tutela efectiva, quer dicir, os menores teñen dereito a negarse e a ser representados”.

 

Como se repatrian menores de idade: O regulamento da Lei de Estranxeiría establece como deben ser realizadas as repatriacións de menores de idade. Debe ser un proceso moi garantista, tal e como estableceu en sentenza o Tribunal Constitucional en 2008, que deu pé á modificación do regulamento en 2009. O Servizo de Protección de Menores debe informar o menor a posibilidade de ser repatriado. Se o menor manifesta que non quere, debe ser designado un defensor xudicial. Hai que informar o neno deste proceso, darlle un período de alegacións, despois un período de proba e despois escoitar persoalmente o menor asistido por un tutor legal, en presenza do procurador e co defensor xudicial se o tiver. Alén diso, hai que solicitar un informe ao Servizo de Protección de Menores, outro á Secretaría de Estado de Seguranza e, finalmente, un terceiro á Secretaría de Estado de Migracións, que garantiría que acontecerá ao menor caso ser devolto. Todo isto forma un expediente individual. A seguir dítase unha resolución. Se é de repatriación, é comunicada ao neno, que pode recorrela. Nada disto existe nas devolucións de menores de Ceuta.

 

O ministro alegou que as devolucións se acollían a un acordo entre Marrocos e España establecido en 2007. O xuíz subliña no auto que este acordo debe “observar estritamente a lexislación española”, que foi ignorada. Mais o punto máis importante do auto é o que afirma que non existe expediente de repatriación de cada menor, tal e como a Policía Nacional confirmou ao maxistrado.

O Ministerio de Dereitos Sociais volveu a enviar esta tarde unha carta a Interior en que reitera o seu “rexeitamento ao proceso de devolución de menores a Marrocos”, un proceso do que, tal e como aseguraron fontes do ministerio ao xornal El Salto, non tiñan constancia.

O Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 enviou outra vez onte unha carta ao Ministerio do Interior en que reitera o seu  “rexeitamento ao proceso de devolución de menores a Marrocos”, un proceso do que, tal e como aseguraron fontes do ministerio ao xoranl El Salto, non tiñan constancia por ningún medio. O Ministerio solicita a Marlaska que “os nenos e nenas que desexen voltar coas súas familias poidan facelo en condicións de seguranza, e que os que non desexen regresar, fiquen en España en condicións de acollemento dignas”.

Organizacións en defensa da infancia como Save The Children e Unicef foron tamén moi críticas con este proceso ilegal. “Foi vulnerado o dereito internacional e o nacional, incumprindo coa Lei de Estranxeiría e o regulamento que a desenvolve”, matiza Carmela del Moral, responsábel de políticas de infancia en Save The Children. “Esperemos que o auto de Ceuta motive o Ministerio Público a actuar de oficio para paralisar as devolucións”, acrecenta.

Das doce expulsións previstas para hoxe, foron paralisadas nove. Un dos menores ten 15 anos, os outros, 16 e 17. Á saída do auto, tres xa foran expulsados.