Sultana Khaya foi agredida máis unha vez polas forzas policiais de Marrocos, segundo informa a Asociación IAJUWS.
.
As forzas policiais marroquinas agrediron novamente a activista saharaui Sultana Khava que está retida no seu domicilio desde hai máis dun ano sen mandado xudicial e é sometida a constantes ataques. Así o denuncia a Asociación Internacional de Xuristas polo Sáhara Occidental (IAJUWS)
Segundo a Asociación, no nacer do día 5 de decembro, as forzas policiais marroquinas entraron violentamente máis unha vez no domicilio de Sultana Khaya na cidade saharaui de Bojador para a golpear e estrupar.
ROMPEDOR E INHUMANO lo que está pasando en el Sáhara Occidental. Una mujer intenta romper el asedio que sufre la activista saharaui Sultana Khaya desde hace 383 días, los paramilitares marroquíes la detienen brutalmente, su niña, corre horrorizada, Sultana la llama desconsolada. pic.twitter.com/uo05zjPA9w
— Taleb Alisalem (@TalebSahara) December 7, 2021
En El Aaiiún, unha concentración en que participaban activistas como Aminatou Haidar, terminou con cargas policiais o domingo por as persoas congregadas teren coreado lemas en apoio do dereito á autodeterminación do pobo saharaui.
IAJUWS lembra que Marrocos ten a obrigación de cumprir o Convenio de Xenebra. O caso de Sultana Khava xa está no Ministerio de Igualdade e na ONU.