Un artigo da Organización Mundial da Saúde (OMS) pide aos países europeos que vacinen contra o coronavirus as persoas presas e as que traballan nos cárceres. O organismo internacional considera que nas prisións existe un maior risco de transmisión da doenza, algo evidente dada a proximidade, cando non o amontoamento, nun espazo fechado. Así mesmo, sinala que o limitado acceso ao equipamento de protección e ás probas diagnósticas converte os cárceres en zonas de alta rega para a transmisión da Covid-19. Un razoamento que, aínda que resulta obvio, non adoita ser tido en conta e, por tanto, é conveniente que se lembre.

Alén diso, a OMS subliña que en xeral as persoas presas adoitan ter unha saúde máis precaria que o resto da poboación debido, fundamentalmente, á falta de servizos sanitarios de calidade, de probas diagnósticas rápidas e de tratamentos adecuados. Sen eses recursos, en prisión moitas doenzas convértense en crónicas e ás veces terminan coa vida das persoas reclusas. Todo iso forma parte do incumprimento sistemático do dereito á saúde dos presos e presas.

Unha prisión non é un lugar axeitado para xestionar unha crise sanitaria, por iso ao comezo da pandemia algúns países aproveitaron para excarcerar certos persoas. Aquí non se aproveitou esa oportunidade, mais o peor é que parece que as prisións nin sequera se consideran a efectos de vacinación. E iso cando está pronta para ser asinada a transferencia de prisións resulta moi preocupante.

Gara – Editorial