A plataforma International Trial Watch-Catalan Referendum Case fai un chamado a contribuir economicamente ao financiamento do labor de seguimentno do xuízo dos presoas e presas independentistas do 1-O.

 

                                   Presentación da plataforma ‘International Trial Watch – Catalan Referendum case’
Isto tamén é un obstáculo no plano económico, porque se quer facilitar a todas as persoas que asistan como observadoras unha tradución dos autos que o xuiz Pablo Llarena foi emitindo durante a instrución e de todo o que aconteza no xuízo oral: “Teremos unha persoa alí que antes de comezar o xuízo os orientará, e cando acabar cada xornada terán ao seu dispor un resumo do que pasou nese día. Por exemplo, se tal día foron postos en causa estes ou aqueloutros dereitos”.

De momento non queren dicir quen serán estes observadores. Preferen facer o anuncio nun acto que terá lugar no final deste mes en Madrid, mais aseguran que son profesores de prestixio da América e Europa. Nesa altura tamén darán a coñecer as asociacións internacionais e españolas que xa se uniron á plataforma, importantes na fase final do proceso, cando será necesario internacionalizar a mensaxe.

Todo este labor derivará en relatorios e conclusións finais, mais tamén ao longo do xuízo. Haberá unha equipa de persoas que irán seguindo todo o proceso e que cada día publicarán un resumo do que pasou. Tamén un relatorio semanal que axude o grande público a entender todo o que aconteceou nas tres sesións de cada semana.

Este traballo requer financiamento para pagar deslocamentos e estadías aos observadores, un local en Madrid, un servizo de prensa e as traducións dos textos xurídicos. Para iso a plataforma lanza unha campaña para recoller fondos.

Josep Rexach Fumanya i Josep Casulleras Nualart

VilaWeb