A Asociación Pro-Derechos Humanos de Nador denuncia que axentes marroquinos levan a cabo batidas masivas marcadas pola violencia en que apresan persoas que despois conducen directamente en autobuses á fronteira de Marrocos con Arxelia, apesar de moitas destas persoas estaren feridas. Non discriminan as persoas adultas das crianzas e mesmo bebés.

.

 

Fotos: AMDH Nador
.

“Sen corazón nin consideración de ningún tipo para bebés e menores, 10 crianzas foron separadas da familia durante as detencións violentas en Nador e actualmente están en proceso de devolución. Non bus só lles deron pan e agua”, denuncia a asociación. “Así é o humanismo das autoridades marroquinas”, acrecenta.

En pleno debate sobre a retirada do arame farpado nas fronteiras de Ceuta e Melilla, agroman escenas tan crueis como estas. “Os migrantes subsaharianos son torturados en Nador polos xendrmes e as forzas auxiliares marroquinas. Nas detencións en vez de transportaren os migrantes feridos ao hospital, son reprimidos en pleno deserto coa súa lesión. “Que selvaxismo!”

.

 

As mulleres detidas tamén son devoltas ao interior de Marrocos, separadas dos seus maridos despois de sufriren violencia diversa por parte dos xendarmes e as forzas auxiliares.

A ONG documentou con fotografias todo o que está a acontecer e desvela que os xendarmes, as forzas auxiliares e axentes da autoridade atacaron os acampamentos e casas, arrrestando case 59 mulleres “con grande violencia” e cen homes. “Mulleres coas súas crianzas que foron separadas delas. Por qué separar con violencia as familias? Son políticas de vinganza gratuita”.

A situación que se produce en Marrocos é oficialente calada, mais a pé de campo continúan estas prácticas e as batidas son marcadas por unha actitude violenta das forzas policiais, que non respectan os dereitos humanos. Todo encadrado o papel de blindaxe que lle foi encomendado a Marrocos.