El arzobispo castrense Juan del Río Martín, en su toma de posesión en 2008. MD
Compre salientar que as Forzas Armadas son talvez a institución oficial onde menos se aprecia a “aconfesionalidade” do Estado español. As festas oficiais de cada rama dos exércitos coinciden cos seus santos e patroas católicas, e as denuncias por non seren respectados os desexos dos soldados de separar a espiritualidade do traballo profesional son habituais: recentemente varios militares acusaron os seus mandos de obrigalos a escoitar unha charla do arcebispo castrense contra a súa vontade.

Fonte: Público