A actuación policial nas portas do estadio Wanda Metropolitano de Madrid na final da Copa del Rey do pasado 21 de abril non ficará na ignorancia. As persoas afectadas pola represión levada a cabo polos membros do corpo policial estatal tardarán en esquecer a humillación de teren de deitar nos caixotes do lixo as camisolas amarelas, as esteladas e diversos obxectos -como apitos- antes de o seu equipo disputar un duelo diante do Sevilla.
A asociación de xuritas Drets iniciou, na pasada quinta feira, unha recollida pública de cartos para afrontar as despesas dunha denuncia colectiva contra as autoridades, en nome das decenas de vítimas da actuación policial. Consideran vulnerada a liberdade de expresión e os dereitos fundamentais de cidadás e cidadáns e cren obrigatorio “esclarecer que é o responsábel deste operativo policial, quen deu as ordes e depurar responsabilidades”, como salienta no comunicado feito público.
O presidente, Sergi Blázquez, explicou que a denuncia será interposta en tres ámbitos: “a vía penal, por un delito de vulneración de dereitos como a liberdade de expresión; a vía civil, porque hai un procedemento especial que protexe os dereitos fundamentais; e a vía administrativa, para esclarecer quen deu as ordes, se foi a delegación do goberno español ou directamente a policía.”
O avogado considera indispensábel coñecer “que organigrama teñen para atentar contra os dereitos da xente” para depurar responsabilidades. Ora ben, Blázquez é consciente de que demandar explicacións ás institucións estatais non solucionará o problema, ainda que estima que hai que partir daí para poder elevalo a instancias superiore de ámbito europeo. “Todo o que soe ou cheire a soberanismo e, por extensión, a cor amarela, os lazos e a estelada, xa sabemos como reaccionarán os tribunais”, admite, ainda que pon de manifesto que “a defensa dos dereitos humanos en Europa só é posíbel se antes denunciamos aquí, se esgotamos a vía interna”.
Drets afirma que, a dia de hoxe, dispón dunhas cincuenta presoas afectadas pola represió policial no final da Copa del Rey . “Temos unhas 50 persoas que se dirixiron a nós”, explica Sergi Blázquez, ainda que recoñece que, antes de presentar a denuncia, han de escoller. “Pedímoslles que nos aporten as probas, vídeos, fotografías ou testemuños, para levar adiante o caso e poder defendelo”.