Varias organizacións de internautas, de defensa da liberdade de información e xuristas levarán o texto do decreto, aprobado hoxe por PP, C’s e PSOE, coa abstención de Unidas Podemos, que permite ao Goberno intervir Internet para “preservar a orde pública” ao Defensor del Pueblo como paso previo á presentación ao Tribunal Constitucional. Alegan que as mudanzas poden dexenerar en censura. Estas asociacións conseguiron hai seis meses que o TC anulase o perfilado ideolóxico dos cidadáns con motivos electorais.

 

El PP recurre al TC la admisión de juramentos de senadores independentistas

 

A Plataforma en Defensa da Liberdade de Información, a Asociación de Internautas e a Asociación de Usuarios de Internet tentarán que o decreto-lei que dota ao Goberno da capacidade para intevernir Internet “para preservar a orde pública”, que foi ratificado nesta cuarta-feira pola Deputación Permanente do Congreso co voto a favor de PP, C’s e PSOE e abstención de Unidas Podemos, sexa declarado nulo polo Tribunal Constitucional. O paso previo é presentar un recurso ante o Defensor del Pueblo coa súa argumentación, ao que convidan as organizacións e expertos que se queiran sumar”.

O Goberno conseguiu sacar adiante o decreto-lei cos apoios de Partido Popular e Cidadáns, a abstención de Unidas Podemos e o rexeitamento de ERC. A medida foi aprobada en campaña electoral como unha iniciativa “para evitar a república dixital catalá”, en palabras do propio Pedro Sánchez. Contodo, un mes despois, a vicepresidenta Carmen Calvo afirmou que o decreto-lei non ten nada que ver con Catalunya e que a súa intención é asimilar a lexislación española á de “outros países”.

Alén do relato político, o texto do decreto-lei introduce unha serie de mudanzas en varias leis que provocaron a alarma dos especialistas. O aspecto que consideran potencialmente máis perigoso é o que modifica a Lei Xeral de Telecomunicacións, a norma que regula a infraestrutura que soporta Internet, para permitir ao Goberno poda intervila por razóns “de orde pública”.

 

Cambios que el decreto-ley introduce en la Ley General de Telecomunicaciones de 2014.                Mudanzas que introduce o decreto-lei na Lei Xeral de Telecomunicacións de 2014.

 

En calquera caso, o punto para facer alavanca contra o decreto non vai ser esta modificación, senón o uso incorrecto da figura do decreto-lei para aprobala. Esta iniciativa permite ao Goberno aprobar unha norma con rango de lei sen autorización parlamentar, mais pon como requisito que exista un alto grao de urxencia para aprobar a medida. As tres organizacións entenden que non existe esa urxencia e o decreto-lei debe ser anulado polo Constitucional.

“A inconstitucionalidade vai depender de aspectos formais e non de fondo”, apunta Yolanda Quintana, coordinadora da PDLI. “Parécenos o máis claro de entrada, mais de momento todo é provisorio. Cando os xuristas preparen o escrito pedindo un recurso de inconstitucionalidade, usarán os argumentos que vexamos máis oportunos para que prospere”, detalla.

Mesmo método que para anular as bases de datos ideolóxicas
Estas tres organizacións, xunto cun nutrido grupo de xuristas especializados na protección de datos, empregaron este mesmo método que pretenden lanzar agora contra o decreto-lei para tombar outra regulación promulgada en 2019 que consideraron perigosa para as liberdades. Mediante ou recurso ante o Defensor del Pueblo, conseguiron que o Tribunal Constitucional invalidase o permiso que os partidos políticos se autoconcederon para elaborar bases de datos con información ideolóxica dos cidadáns durante os períodos electorais.

O Defensor del Pueblo é a única vía legal para que un cidadán de presente un recurso de inconstitucionalidade. Só o presidente do Goberno, os das comunidades autónomas ou un grupo de 50 deputados ou 50 senadores poden levar unha medida lexislativa ante o Tribunal Constitucional. O filtro para o resto da sociedade é o Defensor del Pueblo, que debe facer unha análise dos argumentos achegados e decidir se os fai seus e os leva ante o Alto Tribunal.

Carlos do Castelo

eldiario.es