O CNI podería ter evitado os atentados do 17-A en Barcelona e Cambrils, segundo Carlos E. Bayo, o xornalista de Público que revelou que os servizos secretos españóis controlaron o grupo de Ripoll até a mesma semana do ataque. En declaracións a El món da RAC1, o xornalista explicou que en próximos artigos demostrará que o CNI sabía cales eran os obxectivos do grupo. ‘Unha cousa é que sexan servizos secretos, mais non son 007 con licenza pra matar ou para permitir que se mate de maneira masiva’, afirmou.

 

 

Bayo tamén dixo que o artigo que será publicado este serán relatará o expediente do cerebro dos atentados, Abdelbaki es-Satti, como confidente dos servizos secretos. Preguntado por Jordi Basté sobre se o CNI colocárao como imán de Ripoll, o xornalista contestou: ‘Claro!’.

‘O CNI terá de dar explicacións, sobretodo ás vítimas sobre o que fixo e o que non fixo, porque do que nós temos dedúcese claramente que poderían ter evitado aquel masacre’, concluiu.

VilaWeb