Goberno polaco desencadea unha ‘caza ao espía’ contra xornalistas

CHINESES, BIOLORUSOS E RUSOS NA MIRA DA ABW

Goberno polaco desencadea unha ‘caza ao espía’ contra xornalistas

Antes de febreiro de 2022, a actividade dos servizos especiais de Polonia contra infiltrados chineses, bielorrusos e rusos era xa frenética. Mais a partir daí ABW pisou o acelerador e non hai mes en que non identifique alguén como confidente, delator, bufo ou axente do GRU. Alén de Pablo González, varios xornalistas máis foron acusados de espionaxe e ducias de individuos foron detidos, presos ou expulsados por supostamente traballaren como “axentes estranxeiros”.


Remoção de obras de arte de crianças de Gaza de hospital de Londres causa espanto

FRÁNCFORT: ROGERS WATERS CENSURADO POR CRITICAR ISRAEL

Remoção de obras de arte de crianças de Gaza de hospital de Londres causa espanto

Um hospital de Londres foi obrigado a retirar uma exibição de obras de arte criadas por crianças palestinas após reclamações de advogados de Israel em nome de pacientes “vulneráveis”. A legenda de uma das placas de exibição era: “O ramo de oliveira é o símbolo da paz e é usado para expressar o desejo de um estado palestino independente”. Por sua vez, a Alemanha cancelou um concierto de Roger Waters en Fráncfort por criticar públicamente a política genocida de Israel.


Liberada Ana Baneira, a coruñesa encarcerada en Irán no mes de novembro

NO MARCO DOS PROTESTOS POLA MORTE DE MASHA AMINI

Liberada Ana Baneira, a coruñesa encarcerada en Irán no mes de novembro

A activista coruñesa Ana Baneira, membro dunha ONG de defensa dos dereitos humanos e encarcerada en Irán desde o inicio de novembro despois de ser detida no marco dos protestos contra o réxime por mor da morte sob custodia de Masha Amini, foi liberada, segundo confirmaron fontes diplomáticas.   A liberación produciuse no pasado sábado e Baneira voou de regreso ao Reino de España, vía Dubai. A súa chegada a Madrid tivo lugar a primeira hora desta tarde.


Miranda presenta iniciativas após veto de Israel e pide reunión á presidenta da Eurocámara

"UN PRECEDENTE QUE NON SE PODE REPETIR"

Miranda presenta iniciativas após veto de Israel e pide reunión á presidenta da Eurocámara

A eurodeputada Ana Miranda (BNG) explicou esta sexta-feira que presentará unha serie de iniciativas despois de que Israel recusase a súa entrada cando formaba parte dunha delegación da Cámara europea que ía visitar os territorios ocupados palestinos.  Miranda destacou en conferencia de prensa que “hai que pedir explicacións Israel, xa que non pode interferir nas decisións do Parlamento Europeo (…) Estes feitos son un precedente que non se pode repetir”, enfatizou.


Advirten sobre plano para vídeo-vixilancia asistida por IA nos Xogos Olímpicos de París

ÁLIBI PARA AUMENTAR AS CAPACIDADES POLICIAIS?

Advirten sobre plano para vídeo-vixilancia asistida por IA nos Xogos Olímpicos de París

O goberno de Francia quer aprobar lexislación para Os Xogos Olímpicos de 2024 que permitiría o uso de vídeo-vixilancia asistida con sistemas de intelixencia artificial. Caso ser aprobada, a medida permitiría o uso de vídeo-vixilancia automatizada en cámaras de CCTV ou drons. As imaxes serían analisadas con algoritmos de intelixencia artificial que detectarían actividades sospeitosas ou anormais das multitudes e serían enviadas á policía para esta actuar en conformidade.