Por que o caso do francotirador de Sánchez non é terrorismo?

O suposto francotirador que quería acabar coa vida do presidente do goberno español, Pedro Sánchez, está en prisión acusado de conspiración para atentar contra autoridade con uso de arma, delito de ameazas graves, delito de tenza ilícita de armas, municións e explosivos e un delito de odio. O arsenal de armas que acharon na súa casa e as ameazas nun grupo de Whatsapp marcan a investigación e a instrución xudicial que, neste momento, descartou o delito de terrorismo. Por que?