LU FORN

A Fiscalía non confía na Xustiza

Dos autores de “Xa o afina a fiscalía”, chega ás nosas pantallas “A fiscalía non se fía da xustiza”. O director, roteirista e único actor é… agarde, non vai acreditar… non, non, non é un señor que pasaba por alí, viu luz e pensou: “deixa estar, entro un instante e espétolles unhas cantas verdades a estes señores e a estas señoras”. Non, non, o artista é un fiscal. Chámase Pedro Rubira e traballa na Audiencia Nacional.


LU FORN

O Supremo recoñece que son presos políticos

Había trece días que o Llarena Solitario ou Cid Llaneador (dito con moito amor e respecto, como non podería ser doutro xeito) estaba reunido consigo mesmo moi forte meditando que día o diría. Trece días pensando: “Mañá? Non, mellor pasadomañá! Ai non, definitivamente que sexa o outro…”. Total, que ao final díxoo hoxe.