Crítica dunha sentenza inxusta (II) – Xoán Antón Pérez-Lema

Na primeira xeira deste artigo non albiscábamos a conexión entre os feitos do 20-S na Consellería de Economía da Generalitat e os incidentes nos colexios electorais o 1-Ou e o delicto de sedición. Mais, á vista dos termos da sentenza do TS, o problema está na propia definición dese delicto.


Os dereitos humanos no cárcere –
Xoán Antón Pérez Lema

Nos oito meses que van de 2019 morreron nos cinco cárceres galegos nove persoas presas: tres en Teixeiro, tres no Pereiro de Aguiar (malia a súa cativa poboación interna) e cadanseus na Lama, Monterroso e Bonxe. A Administración do Estado, responsábel da vida, saúde e custodia das persoas presas, está afracasar substancialmente nesta tarefa esencial ao Estado de dereito.


O resgate marítimo é un deber absoluto – X.A. Pérez Lema

Penso que non lles estou a descobrir nada novo se lles digo que cada vez que fala a vicepresidenta do Goberno do Estado en funcións, Carmen Calvo, sobe o pan. Mais a última, manifestando que o buque Open Arms non tiña “dereito a resgatar” sobarda todos os límites da falla de empatía e da ética política, amáis de constituir unha sinalada proba da súa ignorancia a respecto do Dereito Marítimo Internacional.


XOÁN ANTÓN PÉREZ-LEMA

Espionaxe no Ministerio
Xoán Antón Pérez-Lema

A Avogacía do Estado vén de recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya a reapertura das oficinas exteriores da Generalitat en Londres, Xenebra e Berlín, por seica destinar recursos e actividades para difundir as teses “independentistas”. E para alicerzar esta reclamación achegáronse dados e documentos “reservados” obtidos a medio da ilegal espionaxe ao persoal desas oficinas. O máis grave, dende a perspectiva global europea, é que esta espionaxe atinxiu persoas alleas ao Goberno catalán.