Por outra parte, o avogado criticou que a actuación policial é “inxustificábel”, por iso lamenta que a delegada do goberno español, Teresa Cunillera, ainda non teña emitido ningún comunicado público no día seguinte ás detencións. “Non recibin ningunha chamada de membros da administración nin de ningún representante do Ministerio do Interior para darnos explicacións ou desculpas”.

Salellas reiterou que as detencións foron”ilegais, e ilexítimas, arbitrarias e inxustificadas”, xa que só se contemplan  en contextos en quie a persoa que se quer deter é perigosa ou hai risco de fuga. “Uns alcaldes non responden a ese perfeil, e todas as persoas detidas onte teñen domicilio coñecido, son persoas a quen non se acujsa de feitos digamos graves e non teñen intención de fuxir. É inxustificábel”, declarou.

O avogado cré que as detención procuraban “facer pasar un mal momento” ás vítimas e non evitar posíbeis fugas. “Querían telas controladas e dalgunha maneira sinaladas”, dixo. No caso do fotoxornalista Carles Palacio, Salellas explicou que a policía argumentou a detención cunha fotografía en que podía verse nas vías do TGV cun brazalete laranxa de prensa e a cámara na man. Tamén denunciou que a policía española detivo unha persoa con discapacidade intelectual nun apartamento tutelado. “É unha situación en que os límites foron esvaídos”, afirmou.

Salellas asegurou que a defensa dos detidos non permitirá a impunidade dos corpos policiais. “Segundo o papel do maxistrado, veremos que marxe temos para presentar denuncias, mais nós non contribuiremos a xerar situacións de impunidade”, dixo. Neste sentido, o avogado confirmou que pensa emprender medidas legais contra o policiá que non o deixou entrar na escuadra porque falaba catalán. Aliás, tamén explicou que os detidos non puderon falar en catalán na hora de declarar.

Vilaweb