.

 

VilaWeb

 

Nun comunicado, a policía asegura que o axente paseaba coa súa parella, cando o detido comezou a facer xestos obscenos. “O axente reprochoulle os xestos, ao mesmo tempo que lle ordenaba continuar circulando. Nesa altura o home parou a furgoneta a medio da calzada, baixou e fixo xestos ameazadores dirixidos ao axente”, afirma o comunicado.

Entón, segundo a policía, o axente mostrou a súa placa, mais o detido comezou a discutir e tentou bater nel. Nese momento ao policía lle caeu a pistola; despois de a recoller, utilizouna para reducir o condutor, apuntándolle á cabeza. “A arma estaba desmontada e non estaba en disposición de ser disparada”, di a policía.

 

 

 

No comunicado, a policía afirma que o condutor ten antecedentes de detención por quebrantamento de condena, por roubo e furto dun vehículo de motor e por lesións. Tamén informa que abriu unha investigación interna para analisar a actuación do axente durante a discusión.

A CUP esixe explicacións e que sexan apuradas responsabilidades

A CUP esixiu ao concelleiro de seguranza, Joan Manel Montfort, que esclareza os feitos, sobretodo porque considera que o axente da policía fixo un uso desproporcionado da forza. O partido pregunta ao concelleiro se o axente estaba fora de servizo e se fixo bo uso da súa arma.

Tamén reclama unha investigación, que o concello dea explicacións públicas e que o axente sexa afastado en tanto se esclarecen os feitos. “É necesario que o goberno do concello faga un exercicio de transparencia cara á cidadanía”, acrecenta a CUP.

VilaWeb