Na tarde da pasada quinta-feira 22 de xullo, N.D.R. foi detida en Compostela por membros da policía española. Os axentes, segundo declaración da propia vítima e testemuñas presenciais dos feitos, actuaron con extrema violencia despois de recusaren mostrar a súa placa de identificación persoal.

 

Hay 3.000 policías deseando volver a Galicia a los que le han vuelto a cerrar la puerta»

 

Os feitos denunciados aconteceron sobre as 19:00 horas na avenida do Restollal, cando os axentes mandaron parar o vehículo en que viaxaban J.N.R., L.M.D., F.C.X. e propia N.D.R.

Interrogados polos ocupantes do vehículo sobre os motivos da medida, os axentes responden que teñen dereito a facelo e peden a identificación às catro persoas que están no interior. N.D.R. lles indica que antes teñen que dr identificaren eles mesmos, o que só fai a axente nº 131409. Un dos axentes que se nega a identificarse di que N.D.R. debe cumprir, sen máis, as ordes que lle son dadas. N.D.R. dá o número do seu documento de identidade à axente nº 131409, así como o resto de datos que esta lle pede. En determinado momento N.D.R. vé o número de placa de outro axente e di a L.M.D. que o anote: 125249. Nese momento, o axente abre a porta do vehículo e tenta tirar fora N.D.R. apesar de esta insistir en que non é necesario o uso da forza porque ela sairá voluntariamente. Demanda que só entre em contacto físico con ela a axente identificada.

 

De toda esta escena hai documento audio-visual. Isto é importante porque no seu atestado (8204/22) os axentes describen os feitos de maneira moi diferente.

 

O axente 125249 ameaza N.D.R. repetidamente de a conducir a comisaría, sen explicar os motivos, até finalmente encontrar o argumento: N.D.R. non ten o documento de identidade físico. Como nesa altura ela lembra que ten unha fotografía no teléfono móbel e tenta collelo no asento do coche para llo mostrar, o axente 125249 e outro que ela non conseguiu identificar berran: “Se acabó, vás al calabozo”.

N.D.R. séntase no chan e pede que sexa a axente presente quen a deteña, ainda que continúa a ignorar os motivos da medida. Nese momento catro ou cinco axentes víranse contra ela, déitana no chan boca abaixo, agárrana polo cabelo, póñenlle un xeollo nas costas (chave coñecida como “mata-león”) e tórcenlle violentamente os brazos.

A dor é intensa e N.D.R. -unha muller de 1,57 de altura e 53 kgs. de peso- dilles aos gritos que non é preciso recorrer a violencia, que teñan cuidado que poden partirlle o brazo. Os axentes limítanse a aumentar a presión.

Os partes de lesións emitidos no Policlínico confirman a existencia de múltiplas abrasións en brazos e abdomen.

Unha vez na comisaría, o avogado de N.D.R. tenta insistentemente desde as 19:30 horas contactar com ela, mais sen resultado. Manifesta aos axentes a súa disconformidade con que a súa defendida sexa obrigada a pasar a noite nos calabouzos sen xustificación e apesar de ter dúas crianzas de 6 e 7 anos ao seu cuidado.

Ás 22:20 os policías poñen como escusa que hai dous axentes pendentes de pasar exame médico. Unha falsidade que facilmente se desmonta porque os partes médicos foron emitidos às 21:06 e 21:09 respectivamente.

No día seguinte, N.D.R. denuncia os axentes agresores e informa o xuiz que L.M. e J.N., testemuñas presenciais dos feitos, están no Xulgado e podem prestar declaración.