.

Cando voltaba da manifestación foi interceptada e detida pola Policía Nacional. Dentro da furgoneta, a policía tería berrado “mátala, mátala” e denuncia tamén que meteron na súa bolsa obxectos que non eran seus.

.
A nai deixou Xènia no metro, foran xuntas a Barcelona e a filla combinara se encontrar cuns amigos. A filla contáballe que habíaxente queimando colectores do lixo e decidira marchar cunha amiga. Ían a andar pola rúa cando chegou un furgón da policía, parou, baixaron axentes do CNP, golpearon a súa amiga na cabeza e ao sair Xènia a correr, atiráronse contra ela e introducírona no furgon, onde continuaron a bater nela en tanto berraban: “mátala, mátala”.

Á pregunta do entrevistador, a nai explica que “bateron nela polo pracer de bater. Ela nunca se resistiu. Pesa cuarenta quilos e non fixera nada para que a golpeasen”.

Unha vez na escuadra da policía, conta a nai que “ela estaba en postura recollida, dábanlle pancadas nas costas, esperando que deixasen de mallar e a deixasen sair”.

Despois levárona a Vía Laietana, onde foi a primeira persoa detida. Entre as seis e as sete do serán. Ninguén lle explica por qué a detiveran. No relatorio policial din que a detiveran polos incidentes producidos e por resistencia á autoridade.

Acrecenta a nai que Xènia estivo en Vía Laietana durante horas en poder comunicar con ninguén. Polas redes chegaban videos á nai e pensou que podería estar detida. Cando a levan a outra escuadra, por fin permiten Xènia chamar a nai. Coméntalle que ten avogado, que está ben (en presenza dun axente).

“Bolsa con puntas, bolas de vidro e bolas de petanca que non eran súas”

No día seguinte comparece perante o xuiz. Cando ían na camionete xunto con outras persoas detidas, os axentes do CNP rian deles e dicíanlles: «menudas bolas llevabais en la bolsa, eh? y los clavos, eh?». Ela non comprendía nada.

Xa ante o xuiz, móstranlle fotografías onde se vé unha bolsa con bolas de vidro e de petanca e puntas, que segundo ela non poderían caber na súa bolsa de maneira ningunha, e nega rotundamente seren dela. Os mesmo obxectos foron fotografados e adxudicados a outras persoas detidas.

Neste momento da entrevista, o locutor indica á nai que isto que comenta é moi grave, e ela di que non lle importa porque é a verdade.

O xuiz, pola súa parte, non expresou ningunha dúbida sobre as supostas probas e enviou todas as persoas directamente a prisión.

Xènia está tambén acusada de ter atirado pedras da calzada contra a policía, cando en reaidade na rúa en que estaban non as había por ser de asfalto.

Beatriz Talegón