Choca ver como un goberno progresista, en lugar de corrixir os desmandos non democráticos da Garda Civil, o que fai é pór a súa rúbrica baixo un decreto que sanciona a censura previa da creación artística.

 

El arriesgado encaje del golpista Tejero en la ficción | Cultura | EL PAÍSImaxe de ’23-F. La versión de Tejero’, en que Pepe Macías interpreta o garda civil golpista.ALBERTO VALLEJO

 

Elisa Beni

Guarda fiel de España entera” (Himno da Garda Civil)

A da Almudena é unha festa para fuxir de Madrid. Non ten moita popularidade a patroa da Vila e Corte entre os propios madrileños. É unha patroa un pouco facilmente substituíbel. Hei dicirlles que os anos en que a súa festa do 9 de novembro cae en domingo, trocámola pola festividade da muller do patrón san Isidro, que era santa María da Cabeza, e así non perdemos unha ponte. A Almudena é unha virxe con dobre, que ten un doce tan tradicional que se inventou na época de Suárez e unha catedral recente que talvez sexa a máis fea da península Ibérica e o resto do estranxeiro. O que digo, as virxes e as santas en Madrid son para saír correndo.

Cando non fica case ninguén na capital e o Consello de Ministros foi adiantado para a segunda feira, para non amolar o día de folga da tereza, o BOE sorprende publicando un real decreto de fantasía, un delirio contra a liberdade artística, unha bonita censura do século XXI a maior gloria do corpo ou de quen o controla. Decidíronse os graúdos do tricornio a non consentir que ninguén “denigre a imaxe” da Benemérita e para iso elevouse a rango de norma a prohibición de utilizar uniformes ou réplicas de uniformes da Garda Civil en filmes, teatros, obras artísticas e outras sen o seu pracet. Estarrecedor. Asínao Félix Bolaños, que non sei se non o leu e se fiou de Marlaska ou é que perdeu todo sentido da mesura. Dubídoo de Bolaños, a verdade, mais o certo é que escrito no BOE está.

A nova normativa sobre o uso do uniforme obriga no seu artigo 10 a que “as persoas responsabeis de empresas produtoras audiovisuais e de compañías artísticas ou de calquera outra entidade que pretendan utilizar uniformes da Garda Civil, ben para representacións artísticas ou para outros fins de interese económico, cultural ou social, deberán obter a preceptiva autorización”. E isto é extensivo: “Tamén será preceptivo para o uso, cos mesmos fins, de réplicas de uniformes históricos da Garda Civil”. Así que aí teñen, en norma oficial, a obrigación de someter a unha autorización da Dirección Xeral da Garda Civil unha memoria explicando e pormenorizando os motivos do uso das réplicas e o contexto en que este se fará para que sexa autorizado ou recusado caso denigre a imaxe da Garda Civil. Esquecer de levar roteiros en que apareza, por exemplo, un garda cunha bacía de cal viva, non? Ou talvez isto non lles parece denigrante e si, por exemplo, que aparezan gardas homosexuais que bailen a Rosalía. Todo fica ao seu total criterio, como na mellor das censuras previas. Deme a memoria da súa obra e se non me convence, recuso o uso de réplicas de uniformes, mesmo de época, e vaia facendo un recurso de alzada que eu recuso e despois vaia ao contencioso-administrativo e así, cun pouco de sorte, ha ir sumindo o financiamento e envellecendo os actores para cando un xuíz, aplicando a Constitución, lle diga que non imos sancionalo por facer a filme ou a serie ou a obra que vostede quer e non a que queren os xenerais.

 

Choca ver como un goberno progresista, en lugar de corrixir os desmandos non democráticos do corpo, o que fai é pór a súa rúbrica baixo un decreto que sanciona a censura previa da creación artística

 

Non acaba aí a cousa. O decreto inclúe unha normativa sobre aspecto externo dos gardas civís de verdade. Aos sindicatos parécelles que gañaron unha batalla porque poderán levar tatuaxes co uniforme, salvo que “conteñan expresións ou imaxes contrarias aos valores constitucionais, autoridades ou virtudes militares que poidan atentar contra a disciplina ou a imaxe da Garda Civil en calquera das súas formas, ou calquera outros contidos vedados pola lei”. Non se eu se isto dá moita certeza xurídica aos gardas -que son tatuaxes que atenten contra a imaxe da Garda Civil e como se decide?-, mais ao que vou é que a norma obriga tamén os directores de cinema ou de series a cumprir esa mesma norma aos actores que vaian levar réplicas de uniformes do instituto armado. Tampouco poderán os figurantes ou actores levar argolas, piercings, dilatadores nin nada polo estilo, xa que o novo decreto obriga a respectar estas normas impostas tamén aos que representen un picoleto.

Non soa a censura previa? Nas autorizacións cabe impor tamén a presenza dun asesor, xa que “poderán ser establecidas condicións de asesoramento oficial que haberán de ser observadas polas persoas autorizadas”. Quen soñara chegar a tanto? Nin a Casa Real. Fas Os Windsor en versión castiza e ningún decreto te obríga a ser visado para ver como representas Alfonso XIII en uniforme de época. Tampouco ao Consello Xeral do Poder Xudiciario lle ocorreu obrigar os artistas a visar os seus proxectos para poder prohibirlles que poñan mazos aos xuíces de atrezzo ou que deixen que os avogados se levanten como se estivesen en Nova York. Nin sequera, que eu saiba, existe unha norma similar para usar uniformes militares na pantalla, salvo se nos impinxiron a norma noutra festividade das de gardar.

Choca ver como un goberno progresista, en lugar de corrixir os desmáns non democráticos do Corpo, que tanto nos reprochou Estrasburgo, en lugar de impedir que sexan nomeados para cargos efectivos que foron condenados por torturas, como acontece, en lugar de propor se for o caso a súa desmilitarización, o que faga é pór a súa rúbrica baixo un decreto que sanciona a censura previa da creación artística ou dos actos polo exclusivo motivo de que os de verde non gustan da imaxe que por veces se dá deles nestes produtos culturais. Non se pode andar máis para atrás.

Se en verdade lles preocupase a imaxe da Garda Civil, procurarían evitar as vergoñentas irregularidades de investigación (vexan o documentario de Dolores Vázquez) ou as sospeitosamente mal utilizadas interpretacións que fan dos feitos á hora de informaren os xuíces (vexan o caso Altsasu) ou as ficcións coas que empedran sumarios xudiciais -non foron as catalás as primeiras nin serán as únicas- ou as súas peculiares interpretacións do delito através de traducións (no seu día do eúscaro, agora do ruso). Se de verdade lles preocupase a imaxe da Garda Civil, saberían que non hai nada mellor para unha boa imaxe que unha boa realidade. Se traballasen en mellorar o propio corpo e en facernos esquecer a súa lenda negra, xa farían bastante.

Prefírese a ilusión. Mellor non vemos que existe esa xunta de xenerais que non só pretende impor á directora xeral os ascensos pola lei do costume, senón que exerce como poder na sombra e até ten a potestade de tentar forzar a man dos ministros. Mellor non corriximos os erros nin tampouco as malas tendencias. Mellor puxamos do decreto da Almudena e dicimos aos creadores: me filme bonito, cona!

Ainda imos rir se sancionan alguén por traxes de atrezo. Ao tempo.

El Nacional