A policía de Berlín prohibiu cinco manifestacións de apoio a Palestina convocadas para este sábado e o domingo, segundo informaron as propias autoridades policiais. Os colectivos pro-Palestina anunciaran que protestarían contra as políticas de Israel no día en que o pobo palestino lembra a brutal expulsión do seu territorio (o dia da Nakba, ‘catástrofe’ en árabe) de máis de 700.000 persoas e a destrución das súas aldeas. Unha operación terroristas levada a cabo en 1948 polo exército e grupos armados sionistas.

 

 

Segundo xustificaron as autoridades, existe un “perigo inminente” de que, entre outras cousas, haxa protestos incendiarios, antisemitas, exaltación da violencia e actos de violencia. Despois de avaliar todos os achados e sopesar todos os intereses, en particular o dereito fundamental á liberdade de reunión, a policía prohibiu as cinco reunións que xa foran comunicadas.

Todos os anos, o 15 de maio, Día da Nakba, os palestinos conmemoran a expulsión de máis de 700.000 persoas da súa terra e a destrución das súas aldeas. O 14 de maio de 1948, parte do Mandato Británico de Palestina converteuse en Israel.