A policía agrediu e detivo un mozo con problemas psicolóxicos que estaba na rúa no bairro vello de Bilbo e despois maltratou a nai que baixara acudilo. O mozo explicou a súa situación aos axentes mais estes sen atender as explicacións comezaron a mallar nel. A nai foi deitada violentamente ao chan e, como o fillo, foi finalmente alxemada e introducida violentamente nun dos numerosos coches policiais que acudiran ao lugar.

 

Detención chico Bilbao / @Erreharria1

 

Os feitos aconteceron no pasado domingo pola tarde e toda a escena foi gravada polo usuario de Twitter @Erreharria1 que difundiu as imaxes nas redes sociais.
Nas imaxes pode verse como dous axentes falan co mozo, que parece explícalles cal é a súa situación. Polo que se consegue ouvir dedúcese que o mozo ten problemas psicolóxicos. Contodo, un dos axentes primeiro empúrrao e despois dálle dúas pancadas até o inmobilizar contra unha parede.

Cando están colocándolle as alxemas, aparece a nai do mozo que pide aos axentes que o deixen estar e dilles, en varias ocasións, que “está tolo”. A muller agárrase ao fillo e é nese momento cando o mesmo axente que bateu no mozo, o arrastra pola forza para afastar a nai.

A nai espancada e deitada ao chan
A escena continúa no seguinte vídeo, con imaxes aínda máis contundentes:

 

Todo iso en canto os veciños que están a ver a violenta escena desde as xanelas, recriminan a actitude dos axentes de policía.

Outros dous vídeos mostran o momento en que deteñen a muller e a fan entrar nun dos coches da policía, para marcharen todos posteriormente. Nas imaxes poden verse un mínimo de cinco vehículos policiais no lugar, todos para deteren un mozo discapacitado e a nai.

David Serra

El Nacional