Activistas acusan o fabricante mundal de roupa deportiva Puma de ser cómplice nas violacións do dereito internacinal cometidas polo réxime de Israel.
.
.
Puma, un xigante alemán de calzado e roupa deportiva, é patrocinador da selección de fútbol israelita, que opera nos asentamentos ilegais israelitas establecidos en terras roubadas ao pobo palestino.
Os activistas arumentan que ese patrocinio de Puma pretende dar lexitimidade ao réxime israelita e axuda a manter a infraestrutura dos colonatos ilegais israelitas, o que equivale a crimes de guerra, segundo o dereito internacional.

Consecuentemente, acusan o fabricante de roupa deportiva de ser cómplice do apartheid israelita contra palestino e lanzaron unha campaña para boicotar Puma até a firma dar cabo do seu patrocinio. Na mesma liña a etiqueta #BoycottPuma (boicata Puma) converteuse en tendencia mundial na rede social Twitter nos últimos días.

Alén diso, máis de 200 equipas palestinas pediron ao xigante alemán que rescinda o seu acordo de patrocinio e poña fin ao seu apoio á ocupación israelita.

A campaña Boicote, Desinvestimento e Sancións (BDS) convocou marchas no pasado 18 de setembro en máis de 50 cidades dos seis continentes frente ás oficinas de PUMA, tendas da marca PUMA e minoristas.

 

 

Na mesma xornadas, atletas da Palestina xunto con atletas da Asia, Africa Europa e América do Norte apareceron nun vídeo da campaña chamando a boicotar PUMA até a firma finalizar o seu acordo de patrocinio coa asociación de fútbol israelita.

Insurgente