Após máis dunha década de investigación, a Policía envía os seus achados á Procuradoría para determinar se se presentan cargos. Investigan casos similares noutros antigos internatos para menores indíxenas en diferentes lugares do país.

 

Banderas frente al Edificio Legislativo de Manitoba (Canadá) el 1 de julio de 2021 tras encontrarse 182 tumbas en un internado canadiense para indígenas.Bandeiras frente ao Edificio Lexislativo de Manitoba (Canadá) o 1 de xullo de 2021 despois de seren achads 182 tumbas nun internato canadense para indíxenas.Mike Sudoma / EUROPA PRESS

 

 

A Policía do Canadá revelou unha investigación de máis dunha década de duración sobre acusacións de abusos sexuais nun antigo internato para crianzas indíxenas na provincia canadiana de Manitoba.

Nun comunicado, recollido pola CBC, a Policía de Manitoba precisou que a súa unidade de delitos maiores comezou a investigar denuncias de abusos sexuais na antiga escola residencial Fort Alexander en febreiro de 2010, e despois lanzou unha investigación criminosa formal en 2011.

A investigación sobre os feitos na residencia, situada no que agora se coñece como Primeira Nación de Sagkeeng e que funcionou entre 1904 e 1970, supuxo a obtención de 75 declaracións de testemuñas e vítimas dos supostos abusos, e conversas con máis de 700 persoas.

Así mesmo, a Policía detallou que durante o proceso, en que participaron máis de 80 axentes, revisaron material de arquivos en Manitoba e Ottawa, así como documentos de empregados e residentes no lugar.

Após máis dunha década de investigación, a Policía enviou agora os seus achados á Procuradoría para determinar se se presentan cargos. “Debido á grande cantidade de persoas afectadas por esta investigación, así como ás implicacións sociais máis importantes, determinouse que sería de interese público proporcionar tanta información sobre a investigación en curso como for posíbel”, apuntou a Policía sobre o motivo que a levou a revelar o proceso.

A respecto diso, manifestouse o ministro de Xustiza canadiano, Camero Fritisen, que sinalou o impacto que terá a investigación e manifestou que os seus “pensamentos e oracións” están coa comunidade indíxena que “está profundamente ferida”.

A Policía canadiana investiga na actualidade acusacións similares noutros antigos internados para menores indíxenas en diferentes lugares do país. Os grupos indíxenas canadianos pediron que se investiguen todas as antigas escolas residenciais do país despois do descubrimento en maio dunha fosa común con 215 nenos indíxenas na Escola Residencial de Kamloops, na Columbia Británica, que funcionou entre 1890 e 1978 sob os auspicios da Igrexa católica e posteriormente do Goberno canadiano.

Durante décadas, millares de crianzas foron afastadas das súas familias e internadas en colexios residenciais, onde debían aprender as tradicións dos colonialistas europeos para esqueceren a súa propia cultura e facer frente violencia e abusos sexuais.

Unha comisión de investigación concluíu en 2015 que moitos dos menores non regresaron xamais ás súas comunidades e recoñeceu así un “xenocidio cultural”. O Proxecto Crianzas Perdidas identificou até o momento máis de 4.100 falecidas durante a súa estadía nos internatos e moitas delas foron sepultadas nos propios recintos escolares.

Público