Cando había pouco que o Supremo español confirmara a pena de tres anos e medio de prision para o rapeiro Valtònyc, o cantante Pau Llonch propuxo a outras músicas e músicos reiterarem multitudinariamente os feitos que levarán Valtònyc ao cárcere. O obxectivo é reivindicar o dereito á liberdade de expresión e condenar a represión contra o rapeiro mallorquino, mas tamén contra Pablo Hasél e La Insurgencia. Mes e medio despois, o resultado da proposta vé a luz e hoxe estréase o vídeo da canción “Os Borbóns son uns ladróns”, en que participan trece artistas do mundo do rap: Elphomega, Machete en Boca, Frank T, Homes i Dones Llúdriga, La Raíz, Ira, Los Chikos del Maíz, Tribade, Def Con Dos, Noult, ZOO, Rapsusklei e Sara Hebe.

 

 

Vídeo foi grabado no cárcere Model de Barcelona e, alén de cantoras e cantores, participan bandas e artistas que reivindican o dereito de liberdade de expresión, como Txarango, Gossos, KOP, Pirat’s Sound Sistema, Smoking Souls, El Niño de la Hipoteca, la Companyia Elèctrica Dharma, Rapapunkas, Raska, Subversa, Bonobos, Siroll ou Fetitxe 13.

O proxecto “Os Borbóns son uns ladróns” é unha iniciativa que se soma ao programa de accións que coordena o colectivo #NoCallarem en solidariedade coas persoas represaliadas e en favor da liberdade de expresión.

 

 

Pode descarregarse desde a plataforma Bandcamp,coa posibilidade de facer un contributo voluntario. A soma integral da arrecadación deste proxecto -obtida por todas as vías de distribución e unha vez descontado o investimento adiantado pra as despesas de loxística da produción do proxecto- será destinada directamente aos grupos de apoio a persoas represaliadas.

Fonte: VilaWeb