A Fiscalía reclama penas de dous anos de prisión para dous gardas civís acusados de irromper nun bar de Carrizo de la Ribera, en León, coaccionar a propietaria e obrigar os clientes a meter balas na boca, ademais de pór a Cara ao sol.

 

La Guardia Civil trata de esclarecer los motivos del accidente y si pudiera estar implicado un ultraligero, que ha aterrizado sin problemas./EFE

 

Segundo as cualificacións da Fiscalía, trátase dun delito de coaccións por uns feitos que se remontan á madrugada do 11 de setembro de 2013, cando os axentes do instituto armado entraron no local e dixeron que “alí mandaban eles”, segundo adianta esta quinta-feira o xornal La Nueva Crónica.

Segundo a denuncia presentada logo após os feitos, obrigaron os clientes a fumar e apagar os seus teléfonos móbeis, e seguidamente fecharon o establecemento e advertiron de que “de alí non se movía ninguén”.

Un dos axentes rodeou cos seus brazos a propietaria e tentou bicala dicíndolle: “Es miña”
A propietaria o establecemento denunciou que os axentes pasaron ao interior da barra, servíronse bebidas alcohólicas e puxeron música no computador do local, entre outras cancións o himno falanxista Cara al sol. Tamén sacaron as armas regulamentares, que deixaron encima da barra, e obrigaron os alí presentes a introducirse balas na boca e nos vasos das súas consumicións.

Ademais, a dona do local denunciou que un dos axentes a rodeo cos brazos, tratou de bicala e díxolle: “Es miña”. A situación prolongouse durante case catro horas até os axentes decidiren abandonar o establecemento sobre o seis da madrugada.

O xulgamento por estes feitos terá lugar no próximo 28 de febreiro no xulgado do penal número 1 de León.

Público