Enaltecemento do terrorismo

Valtonyc, ao exilio

Por agora, o rapeiro Valtonyc é o único exilado por condenas relacionadas coa liberdade de expresión. Foi condenado polo Tribunal Supremo a tres anos e medio de prisión polos delitos de enaltecemento do terrorismo e humillación das vítimas, inxurias ao rei Juan Carlos de Borbón e ameazas a Jorge Campos do partido Actúa Baleares. Todo iso polo contido das letras das súas cancións.

Antes que ingresar no cárcere, o rapeiro mallorquino escolleu marchar a Bélxica. A súa defensa asegura que Europa é o mellor lugar para os seus dereitos seren garantidos e teñen previsto recorrer a sentenza ao Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo.

Obxecto do delito: Versos como “Quiero transmitir a los españoles un mensaje de esperanza, ETA es una gran nación” -cita literal dun lapsus de Rajoy no ano 2007-, “A ver si te enteras, como el caso Bárcenas, pierdo los papeles y en cuarteles grito GORA ETA” ou “De Cospedal no reiría tanto en un zulo a cuarenta grados”.

Pablo Hasel, dous anos de prisión

O tamén rapeiro Pablo Rivadulla, máis coñecido como Pablo Hasel, foi condenado pola Audiencia Nacional a dous anos e un día de prisión polos delitos de enaltecemento do terrorismo e inxurias á Coroa e ás institucións do Estado por mensaxes no Twitter e unha canción subida a YouTube. Á condena de prisión súmase unha multa de 24.300 euros

Hasel presentou recurso contra a sentenza. Se nin Audiencia Nacional nin, posteriormente, o Tribunal Supremo aceptaren os recursos, Hasel tería que ingresar no cárcere porque xa fora condenado no 2014 a dous anos por enaltecemento do terrorismo.

Obxecto do delito: Versos como “Mi hermano entra en la sede del PP gritando ¡Gora ETA!”, “Pena de muerte ya a las infantas patéticas” o “Los GRAPO eran en defensa propia ante el imperialismo y su crimen”.

La Insurgencia, doce condenas

Os membros do colectivo de rapeiros La Insurgencia foron citados a declarar na Audiencia Nacional perante a maxistrada Carmen Lamela en novembro de 2016 acusados de enaltecemento de organizacións terroristas como os GRAPO. En decembro de 2017, foron condenados por este delito a dous anos e un día. Por causa deste día extra de condena o ingreso na cadea dos seus doce membros é obrigatorio apesar de non teren antecedentes.

A sentenza contou co voto particular da maxistrada Ángela Murillo, que considerou que as persoas condenadas querían “conseguir notoriedade, reafirmando as súas personalidades, en definitivo, chamar a atención que por outras vías non poden conseguir”. O colectivo recorreu a sentenza para evitar entraren en prisión.

Obxecto do delito: Versos como “sé cuál es mi bando, el de los oprimidos, los explotados, recordando como volaron fascistas con los GRAPO”, “manda cojones que los Borbones aún no hayan sido sometidos a explosiones” o “hacen falta guillotinas para los cerdos dirigentes de la policía”.

Os marionetistas de Títeres desde Abajo, á cadea por un xogo de palabras

Dous marionetistas foron detidos e enviados a prisión provisoria sen fianza a principios de febreiro de 2016 despois de representaren a obra “A Bruxa e Don Cristovo” durante o entroido de Madrid. Estaban acusados de enaltecemento do terrorismo e incitación ao odio por mostraren unha pequena faixa de atrezzo que dicía ‘Gora Alka-ETA’, un xogo de palabras con ‘Gora Alkaeta‘ (Viva o Alcalde).

Pasaron cinco días no cárcere, até a Procuradoría mudar de opinión e pedir a súa posta en liberdade. No mes de xuño seguinte a acusación foi arquivada por enaltecemento do terrorismo e, a principios de 2017 foron absolvidos do delito de incitación ao odio. O caso foi seguido con moita expectación e indignación e a obra foi representada en cidades de todo o territorio do Reino de España.

Obxecto do delito:

Imitación do fragmento que levou os marionetistas a prisión

Cassandra, condenas que estouran

Cassandra Vera, @kira_95 no Twitter, foi denunciada no ano 2016 por uns chíos en que se facía brincadeiras sobre a morte de Carrero Blanco. A denuncia foi presentada pola Garda Civil -cando a moza fixo os 18 anos- despois de localizar os chíos nunha acción da Operación Araña, pensada para perseguir o enaltecemento do terrorismo nas redes sociais.

Cassandra baseou a súa defensa na liberdade de expresión mais foi condenada pola Audiencia Nacional a un ano de prisión e sete de inhabilitación. O seu caso levantou moita polémica e Cassandra mesmo recibiu unha carta de apoio da neta de Carrero Blanco. Finalmente, a sentenza foi anulada no 2018 polo Tribunal Supremo, que entendeu as afirmacións seren “en chave de humor” sobre un acontecemento que, despois de 44 anos, xa podía ser considerado “histórico”.

Obxecto do delito: Chíos como “ETA impulsó una política contra los coches oficiales combinada con un programa espacial”, “Spiderman VS Carrero Blanco” ou “Kissinger le regaló a Carrero Blanco un trozo de la luna, ETA le pagó el viaje a ella”.

César Strawberry, presión por chíos sobre os GRAPO e a ETA

O cantor de Def con Dos, César Augusto Montaña Lehmann, foi condenado no 2017 a un ano de cárcere e seis anos e medio de inhabilitación absoluta por enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas da ETA e os GRAPO. A Audiencia Nacional absolveuno ao considerar que as mensaxes forman parte da súa faceta artística, mais o procurador recorreu ao Supremo, que o condenou un ano despois. Está acusado por unha serie de chíos que publicou entre novembro de 2013 e xaneiro de 2014.

Obxeto do delito:  Chios como…

César Strawberry@CesarStrawberry

César Strawberry@CesarStrawberry

César Strawberry@CesarStrawberry

Franco, Serrano Súñer, Arias Navarro, Fraga, Blas Piñar… Si no les das lo que a Carrero Blanco, la longevidad se pone siempre de su lado.

70

82 persones estan parlant sobre això

Inxurias

El Jueves, a xuízo por unha piada

Os directores da revista satírica El Jueves irán a xuízo por un artigo en que se facía unha piada sobre a policía mobilizada en Catalunya para o 1-O. Por iso foron citados o director da revista, Guille Martínez-Vela e o subdirector e editor web, Joan Ferrús, como responsábeis da publicación.

A xuíza da investigación, que se abriu despois dunha denuncia dos sindicatos policiais á Procuradoría, argumenta que o artigo “comporta unha ofensa e falta de respecto”, sen se sustentar nunha base fáctica. Por se fose pouco, durante a instrución do caso a Advogacia do Estado compareceu na causa contra a revista, que respondeu coa capa ‘Todo es delito de odio’ .

Obxecto do delito: 

 

noticia jueves

Evaristo, denunciado por insultar a policía

O ex cantor de La Polla Records, Evaristo Páramos, foi identificado e denunciado pola Garda Civil despois dun concerto no pasado mes de maio en Jerez de la Fontera. Os axentes denunciáronno por ter insultado a policía ao acabar a actuación. En aplicadión da Lei Mordaza, as ‘faltas de respecto e de consideración’ dirixidas ás Forzas e Corpos de Seguranza son consideradas faltas leves e están castigadas con multas que van dos 100 aos 600 euros. Páramos leva máis de 30 anos sobre os escenarios sen ter vivido nunca antes un incidente semellante.

Obxecto do delito: Berrar “Policías, sois unos hijos de puta” desde o escenario no final dunha actuación.

Toni Albà, á espera de xuízo por chíos no Twitter

O actor e humorista toni Albà irá a xuizo acusado dun delito de inxurias por diversos chíos feitos despois do 1 de otubro sobre a actuación policial, xudicial e politica. En ningunha das mensaxes hai insultos, mais o xuiz cré que poderían ser consideradas ofensivas. Entre estas, hai comentarios en contra da xuíza da Audiencia Nacional Carmen Lamela ou do anterior procurador xeral do estado José Manuel Maza.

Obxecto do delito: Chíos como…

TONI ALBÀ ||*||🎗@tonialba

TONI ALBÀ ||*||🎗@tonialba

Eduard Biosca, denunciado polas palabras dunha personaxe ficticia

O humorista Eduard Biosca foi denunciado pola Policía Nacional por un suposto delito de inxuras contra os corpos de seguranza. A orixe da querela​ foi un comentario do ‘senyor Bohigues‘, a súa personaxe cómica máis coñecida, durante un gag no programa ‘Versió Rac1’. O caso acabou sendo arquivado pola xuíza argumentando que, ainda que a piada poda ser de mal gosto, o actor non incorreu en ningún delito.

Obxecto do delito: Programa do 20 de outubro. Os condutores do programa falaban sobre as malas condicións dos buques que aloxaban os policías enviados a Catalunya para o 1-O, onde había ratas. En medio á conversa, a personaxe do senyor Bohigues deixou ir que ‘as primeiras 10.000 ratas xa as trouxeron de Madrid’. O resto de integrantes do programa pediron non rir a piada.

Seis persoas imputadas por criticaren a Policía de Madrid

Unha xuíza de Madrid imputou seis usuarios das redes sociais por un suposto delito de inxurias e calumnias por chíos en contra da Policía Municipal polos incidentes de Lavapiés despois da morte dun manteiro senegalés no mes de marzo. Entre as persoas imputadas, denunciadas polos sindicatos policiais, están unha concelleira do Concello de Madrid, Rommy Arce; o portavoz do sindicato de manteiros, Malick Gueye; o secretario de organización das JERC Igualada, , Joan Mangues; o xornalista Fonsi Loaiza e os usuarios do Facebook Iván Cortés Villalón e Swett & Dandy.

Obxecto do delito: Chíos como…

Rommy Arce@rommyarce

Fonsi Loaiza@FonsiLoaiza

Censura

As obras de ARCO sobre os presos, censuradas

A Institución Ferial de Madrid (IFEMA), organismo público que acollía a mostra de arte ARCO, esixiu a  retirada dunha exposición sobre ‘Presos políticos na España contemporánea’ de Santiago Sierra no pasado mes de febreiro. A obra consistía en diversas fotografías de presos políticos españóis e cataláns coa cara pixelada, entre eles, os líderes independentistas. Dos tres representantes que forman IFEMA, só o Concello de Madrid se opuxo á retirada. A Comunidade de Madrid, en mans do PP, e a Cámara de Comercio lideraron a acción.

A galerista encarregada da mostra decidiu retirala sen respostar, cousa que desencadeou unha grande polémica. Embora o tema fixo gritaren aos ceos partidos, artistas e outros colectivos, a obra non chegou a ser exposta. Iso sí, foi comprada aquel mesmo día por un dos socios fundadores de Mediapro, Tatxo Benet, por 80.000 euros e, pouco despois, comezou un roteiro por espazos como o Museu de Sixena ou o CCCB

 

censura ARCO junqueras EFE                                    A exposición sobre presos políticos / EFE

O libro ‘Fariña‘, secuestrado

A xuíza Alejandra Pontana acordou no pasado mes de marzo o  secuestro cautelar do libro ‘Fariña’, obra en que o xornalista Nacho Carretero aprofunda na historia do narcotráfico galego. A medida foi aplicada a petición do ex alcalde de Ogrove (Pontevedra) José Alfredo Bea Gondar, que demandou Carretero e a editora Libros del KO por suposta vulneración do seu dereito á honra. Bea Gondar aparece citado por alegados vínculos co narcotráfico galego.

As vendas de Fariña -que ía na nona edición no momento en que a xuíza decidiu o seu secuestro cautelar- disparáronse ainda máis ao se coñecer a noticia. Nesta altura, tres meses despois, o libro continúa vetado. Quen non se conformou, despois de conseguir o que pretendía, foi o mesmo ex alcalde, que asegurou nunha entrevista a El Mundo que ‘se non fose crente e tivese un revólver, procuraba o rapaz e metíalle un tiro na cabeza’, en referencia ao autor do libro.

Obxecto do delito: Os fragmentos “Orbaiz Picos se ofreció al cartel de Cali para traer 2.000 kilos de cocaína. Lo hizo a través de Alfredo Bea Gondar, alcalde de O Grove por AP en 1983 y 1991, quien aceptó la propuesta” e “El coche (…) estaba a nombre de Alfredo Bea Gondar: alcalde de O Grove, afiliado al PP (otro más) y procesado en 2011 por un alijo de dos toneladas de cocaína”.

Amarelo, apitos, esteladas e estreleiras, vetados no fútbol

confisco decamisolas amarelas no final da Copa del Rey no Wanda Metropolitano é un dos casos máis esperpénticos de veto á liberdade de expresión en campos de fútbol no Reino de España. A policía confiscou máis de 200 a seguidoras e seguidores blaugrana. O goberno español non deu explicación ningunha e negou ter dado ‘instrucións politicas’ ao respecto. O Barça e as entidades soberanistas catalás acabaron levando o caso aos tribunais despois de teren preguntado reiteradamente os motivos e non teren obtido resposta.

Apitar o himno español tamén podería supor delito, mais nin os tribunais o teñen claro. O promotor da polémica apitada durante a final da Copa del Rey do 2015, Santiago Espot, foi condenado a pagar unha multa de 7.200 euros por un delito de inxurias á Coroa e ultraxe a España. Cinco meses despois, a mesma Audiencia Nacional absovíao. Non satisfeita, a Procuradoría demandou  reactivar o caso e pede unha multa de 90.000 euros.

A exhibición de estreleiras e estelades é outro tema candente nas bancadas desde hai anos e levou á abertura de expedientes e recursos xudiciais. A delegada do goberno español en Madrid, Concepción Dancausa, quixo prohibilas durante a final da Copa del Rey de 2016, decisión que foi anulada por un xuiz antes da celebración do partido e, finalmente arquivada.

Pola súa parte, a UEFA abriu tres expedientes ao Barça por exhibir estelades nos partidos de Champions League das temporadas 2015/16 i 2016/17. Esixen ao clube máis de 150.000 euros de multa. Despois de máis de dous anos de recursos, a UEFA acabou arquivando os expedientes e o clube non terá sanción algunha.

Os vetos, no entanto, non acaban nos partidos de primeira división. Así o demonstran incidentes como a confiscación dunha estelada pola policia a un seguidor blaugrana na Puerta del Sol ou a retención de tres seguidores do Sant Andreu a Castelló polo mesmo motivo.

 

Delito de odio

Jordi Galves, citado por un artigo sobre Cornellà

O concello de Cornellà denunciou o colaborador de El Nacional Jordi Galves por un suposto delito de odio despois de publicar un artigo nese xornal intitulado ‘Cornellà non é como Catalunya’. O caso foi arquivado antes da declaración por a procuradoría non ver indicios de delito no texto.

Obxecto do delito: Un artigo sobre Cornellà con frases como “Una terra on només hi ha un col·lectiu que es creu superior als altres i que ha decidit no integrar-se a Catalunya”, “On prolifera la llei del més fort, la violència en totes les seves formes, la ultradreta, el sexisme, el ressentiment permanent de l’immigrant que no vol deixar-ho mai de ser”, “He conegut un noi solitari, aïllat i espantat, a qui els seus companys denominaven ‘el catalán’ per estigmatitzar-lo, per assetjar-lo”.

Pesarrodona, un nariz de pallaso e tres delitos

O concelleiro de Sant Joan de Vilatorrada, Jordi Pesarrodona, foi imputado en decembro de 2017 por un suposto delito de odio e resistencia grave durante o 1-O na súa localidade. Pessarrodona fixérase coñecido por ter posado durante unhas horas cun nariz de pallaso ao pé dun axente que custodiaba a porta do Departamento de Governación durante o 20-S. Finalmente, non tivo que declarar, xa que a xuíza  decidiu arquivar o caso despois de escoitar dúas horas o testemuño dun tenente da Garda Civil. Contodo, ainda ten pendente outra causa por desobediencia.

 

jordi pessarrodona nas pallasso guardia civil - acn

Ofensas aos sentimentos relixiosos

480€ por pór cara ao Cristo da Amargura

O xoven Daniel Serrano, de 24 anos,foi condenado no pasado mes de febreiro a pagar unha multa de 480 euros como autor dun delito contra os sentimentos relixiosos por publicar no Instagram unha fotomontaxe coa súa propia cara do Cristo da Amargura, popular na Semana Santa de Jaén.

A confraría pedíralle en diversas ocasións que retirase a imaxe e, ao non obter resultados, acabou por levar o caso aos tribunais. Segundo a procuradoría, a ‘vergoñosa manipulación da cara da imaxe’ evidenciaba un ‘manifesto menosprezo e zomba cara a confraría co propósito de a ofender’ e pedía unha multa de 2.160 euros.

Obxecto do delito:

 

daniel serrano jesucrist

Willy Toledo, citado a declarar por “cagarse en Deus”

O actor Willy toledo está chamado a declarar a finais do mes de xuño por unha denuncia da Asociación de Avogados Cristiáns. Impútaselle un suposto delito de ofensa aos sentimentos relixiosos por un post publicado no 2017 onde carregaba contra Deus e a Virxen do Pilar. A denuncia fora arquivada provisoriamente e foi reaberta por un recurso da asociación. Toledo foi citado dúas veces polos xulgados mais negouse a presentarse.

Obxecto do delito: Un post onde dicía “Me cago en la conquista genocida de América, me cago en Dios, me cago en la Virgen del Pilar. Viva el coño insumiso”.

Coño insumiso’, unha performance a xuízo

Tres mulleres serán xulgadas no próximo ano por participaren nunha performance en que era encenada unha procesión co ‘Coño insumiso‘ (‘Cona insumisa’) como protagonista en maio de 2014 en Sevilla. Foron denunciadas pola Asociación de Avogados Cristiáns por un delito contra os sentimentos relixiosos e a Procuradoría pede para cada unha delas unha pena de 3.000 euros. A causa fora arquivada por unha xuíza no 2016, mais foi reaberta un ano despois por un recurso da asociación.

 

Obxecto do delito: